Achegar o deporte a toda a veciñanza é o obxectivo de UxC...

Achegar o deporte a toda a veciñanza é o obxectivo de UxC en materia deportiva

Unión por Cambre (UxC) entende o deporte como medio para acadar unha vida saudable por iso quere extender á veciñanza un deporte apto para todas as idades e condicións físicas.

Sen deixar de apoiar e axudar ás entidades deportivas municipais, UxC quere impulsar novas disciplinas deportivas e poñer en marcha actividades que relacionen o deporte e a saúde. Por iso, quérese apostar polo Día do Deporte na Rúa achegando novas disciplinas deportivas á veciñanza, impulsar programas de deportes ao aire libre no entorno do Mero e poñer en marcha o rocódromo e o parkour no parque que se vai crear no entorno do río na Barcala para que a xente moza se enganche tamén a facer deporte e actividade física.

Poñer en marcha o programa “Deporte sen violencia e inclusivo”, valorar nas subvencións municipais as entidades deportivas que fomenten o deporte femenino e incrementar a dotación económica das axudas á deportistas, son outras das medidas que se pretende poñer en marcha en materia deportiva en Cambre.

En canto ás infraestructuras deportivas, UxC aposta por contratar o mantemento dos campos de fútbol e pistas deportivas descubertas, seguir mellorando as instalacións deportivas, construír as gradas nos campos de fútbol dos Pinares e Lendoiro e crear facer as gradas e vestiarios no polideportivo de Anceis e no Portofaro.