As enerxías alternativas van xerar novas oportunidades de emprego en Cambre

As enerxías alternativas van xerar novas oportunidades de emprego en Cambre

Unión por Cambre (UxC), entende a economía local como unha economía circular na que o emprego e a riqueza veñan do aproveitamento sostible dos recursos do concello.

Por iso, o candidato de UxC, Óscar García Patiño, aboga por poñer en marcha medidas concretas para axudar aos produtores locais, ao comercio, á hostalaría e á feira tradicional de Cambre.

García Patiño aposta por dar a apoio aos produtores locais na mellora da comercialización dos seus produtos tanto, a través dun espazo centralizado como a través de canles on-line, facilitando a súa promoción conxunta en colaboración coa hostalaría local para acadar ese consumo de produtos km cero que tanto beneficiará aos produtores cambreses. Nesa líña vai a proposta de crear un mercado de degustación de produtos locais no que se involucren tanto produtores como hostaleiros do concello.

Para o candidato de Unión por Cambre o impulso do comercio local é básico para a economía do concello. Por iso, aposta pola creación dunha plataforma dixital áxil para as empresas e comercios de Cambre así como a creación do Día do Comercio Local, un día ao mes, con descontos e horarios especiais que irían acompañados de actividades variadas e animación de rúa.

García Patiño tamén aboga por darlle o impulso que precisa a Feira de Cambre. Por iso, propón levar actividades temáticas aos días de feira implicando ao resto do comercio local.

Se importante e axudar ao comercio, empresas e produtores, UxC tamén considera fundamental o apoio a novos emprendedores e a formación. Neste eido, o partido de García Patiño, vai apostar polas enerxías alternativas con cursos de formación e asesoramento a emprendedores que aposten por proxectos baseados na biomasa, enerxía eólica, enerxía solar ou xeotérmica, entre outras. Neste senso, en UxC, abogan por poñer en contacto a emprendedores con propietarios de terreos para poñer en valor a masa forestal do concello.

Unión por Cambre fai esta aposta polas enerxías alternativas dende o convencemento que é o paso preciso para poñer en valor a masa forestal do concello e, ao mesmo tempo, preservar a natureza e facer unha labor preventiva en materia de incendios. É por iso polo que, dende o futuro goberno de UxC, vaise apostar pola instalación de caldeiras de biomasa nos centros municipais empregando, prioritariamente, pellets ou biomasa de producción forestal de Cambre, pechando así o ciclo da enerxía dentro do propio concello.

Instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos, continuar coa política de mellora da eficiencia enerxética no alumeado público e instalacións municipais ou a creación de oficinas de coworking para novos emprendedores, son outras das accións que UxC quere poñer en marcha en materia de promoción económica.