Bribes fixo realidade dúas demandas históricas: o derribo do cemiterio e a...

Bribes fixo realidade dúas demandas históricas: o derribo do cemiterio e a recuperación da cuberta da reitoral

Esta foi tamén unha lexislatura importante para a parroquia de Bribes. O goberno de García Patiño foi quen de desbloquear un problema que arrastraban os veciños dende hai décadas. Por fin botábase abaixo o cemiterio de Bribes que levaba 30 anos cunha sentencia xudicial que ordeaba o seu derribo

A acción do goberno que presidiu UxC tamén deu os seus froitos coa reitoral, xa que finalmente o arcebispado procedeu a tellar un edificio que xa vira caer parte da súa cuberta, co risco que iso supoñía . Con esta actuación e á espera dunha solución definitiva para a reitoral, o goberno de García Patiño freou o continuo deterioro do edificio.

As actuacións na parroquia completáronse coa mellora do camiño de Bribes a Peiraio e a mellora da rede de saneamento en Peiraio

Nos vindeiros meses levaranse a cabo obras de ampliación de saneamento en Nebrixe e a reordenación do abastecemento en Peiraio.

Pincha aquí e descubre as obras desta lexislatura.