Cambre aberto

Cambre aberto

Transparencia na xestión

Temos moitos proxectos e ideas para mellorar Cambre.

– Necesidade de instalacións para actividades culturais diversas: Auditorio, Sala de Exposicións…

– Proposta do I Festival Galaico-Romana

– En Cambre temos múltiples grupos e clubes deportivos de diversos ámbitos, e moitas veces cos mesmos intereses. Redefinamos as Escolas Deportivas e as actividades , creando un “Comité de Deporte».

– Plan dotacional polideportivo e de mantemento do mesmo.

– Políticas de xuventude, con e para a xuventude.

– Darlle á mocidade capacidade real de acción e autoxestión a través da encomenda de elaboración do «Rock in Cambre», na que participen na súa organización todos os grupos musicais do concello.

– Implantar na Casa da Xuventude a oficina municipal de información xuvenil (OMIX) onde as mozas e mozos poidan resolver as súas inquedanzas: emprego, emancipación…

– As meniñas e meniños, obviamente, son o futuro, e xa falamos da colaboración cos centros docentes e de ocupar axeitadamente tamén o seu tempo de lecer.

-Ampliación de comedor nos centros escolares; kanguroteca…

-Potenciar tamén o voluntariado dos nosos maiores.

– Ampliar a atención presencial do rexistro da Barcala e O Temple.

– Indispensable a posta en marcha dun Centro de Día municipal, onde os maiores estean atendidos por profesionais sanitarios á vez que gozan de actividades de lecer.

– Estudio real para a implantación de Centros da 3ª Idade con plenos servicios.

– Velar pola contínua mellora sanitaria e implantación dos servicios de Saúde.

– Estudio para a mellora do Transporte público en todo o concello.

– Procura de servicios básicos e todas as parroquias: saneamento, abastecemento, beirarrúas, electricidade, iluminación pública, telefonia e conexión a internet…

-A solidariedade como base da política municipal no ámbito social.

– Plan de acción de rentabilización e implantación comercial en zonas claves do municipio mediante o deseño e execución de plans específicos, coa promoción de eventos comercias e de ocio, que permitan a captación de novos clientes e coa promoción do acceso do pequeño comercio das novcas tecnoloxias mediante a creación dunha plataforma a venda conxunta.

– Plan de acción para a xeración de chan industrial para captar empresas no noso territorio: Propoñemos a creación dunha gran área industrial na zona do Espiritu Santo entre Cambre, Bergondo, Sada e Oleiros duns 3.000.000 m/2, e competir asi cos grandes polígonos creados ao redor do portos exteriores de Coruña e Ferrol. Posibilitando a creación de empresas e polo tanto de emprego.

– Esixir ao Goberno da Xunta de Galicia que cumpla as súas competencias.

– Propoñemos a distribución territorial dos equipamentos deportivos e espazos abertos ao longo do municipio que facilite a accesibilidade de toda a poboación a actividade física.

– Propoñemos o cerramento de pistas polideportivas do Porto Faro e abrila para ampliar a oferta deportiva.

– Estudio de todolos pabillóns deportivas do fin de completar unha oferta deportiva máis variada e sostible.

– Tramitación das altas e baixas catastrales desde o Concello.

– Aumentar a vixilancia para eliminar as pintadas e excrementos nos parques e xardíns do noso concello.

– Unha primeira medida será a de presentar aos vecinos e veciñas a documentación que sobre o Plan Xeral existe no Concello.

– Facilitar o acceso do CEIP Emilio González López coa pista polideportiva.

– Sendas escolares seguras: Elaborar un plan para facer sendas escolares seguras para tódolos colexios.

-Estudo dos parques infantis do Concello co fin de axustar a lexislación e melloralos.

-Grabación en vídeo dos plenos municipais e disposición dos mesmos na Web do Concello.

-Baños públicos adaptados as persoas con mobilidade reducida.

 

Descarga o programa en pdf