Cambre aproba incorporar o seu patrimonio fluvial ao proxecto Infraestructura Verde de...

Cambre aproba incorporar o seu patrimonio fluvial ao proxecto Infraestructura Verde de Galicia

No pleno de xullo, Cambre aprobou incorporar os corredores fluviais do concello ao proxecto Infraestructura Verde da Xunta de Galicia.

A proposta, presentada a través dunha moción do grupo de goberno, contou cos votos a favor de Unión por Cambre e PSOE e a abstención do resto dos grupos políticos.

A moción do grupo de goberno pide a incorporación dos corredores fluviais dos ríos Valiñas, Mero, Brexa, Gándara e San Benito, San Pedro e San Marcos como conxunto inseparable da Ría do Burgo como parte do patrimonio fluvial máis destacables do concello. A moción tamén propoñía trasladar o acordo plenario á Reserva da Biosfera e transmitir o acordo á Consellería de Medio Ambiente para que teñan en conta estes espazos como bens de catalogación.

Dende o goberno lembran que, en 2007, o concello de Cambre participou activamente no proceso para o desenvolvemento do proxecto Infraestructura Verde de Galicia. Nese momento xa se indicaba que os ríos Valiñas, Mero, Brexa  e Gándara debían considerarse corredores biolóxicos vinculados á Ría do Burgo.

Con esta moción, UxC mantén o seu compromiso coa conservación e protección do medio ambiente e aposta por protexer o patrimonio hídrico do concello nun momento no que, elementos como o humidal da Gándara corren serio risco de desaparecer a causa da Vía Ártabra.

 

MOCION PARA A DECLARACIÓN DA ESTRUTURA FLUVIAL , EN CAMBRE, COMO  INFRAESTRUTURA VERDE DE CAMBRE E A SÚA INCORPORACIÓN AO PROXECTO DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA.

A día de hoxe moi poucos negan os graves problemas aos que nos enfrentamos:

1.- Pérdida de Biodiversidade

2.- Fragmentación e aprovetamento descontrolado do territorio.

3.- Uso insustentable dos ecosistemas e os seus servizos.

4.- Cambio Climático.

Dende hai tempo  vense poñendo o acento na necesidade de atender e dar solución aos problemas  derivados da acción dos humanos sobre o territorio.

A propia constitución de 1978 remítenos ao dereito a desfrutar dun Medio Ambiente axeitado.

Ata o momento as medidas lexislativas relativas á conservación da Natureza e a Paisaxe se redactaban tendo como base os principios proteccionistas, é dicir, se definen “ISLAS DE CONSERVACION DE NATUREZA E PAISAXE”. Como exemplos recoñecemos no noso ámbito cercano: “O Parque Natural das Fragas do Eume” ou A costa de Dexo, os ZEC: Betanzos- Mandeo o Encoro de Abegondo Cecebre.

O seguemento dos beneficios que estas “ISLAS DE NATUREZA E PAISAXE” teñen sobre os problemas detectados, NOS DI QUE ESTAS MEDIDAS NON SON SUFICIENTES.

Así no ano 2009 a Comisión Europea alerta de que en Europa están ameazados o 80% dos hábitas naturais protexidos.

Un grupo de economistas, pola diversidade, indican que se non se adoptan medidas, a pérdida de biodiversidade terrestre pode chegar a costar o 7% do PIB europeo de aquí ao ano 2050.

Estes datos nos poñen en alerta e lembrannos que:

  • A actividade humana está afectando seriamente ao Medio Ambiente e alterando a capacidade dos ecosistemas.
  • A sociedade depende directamente dos beneficios que lles proporciona a natureza: alimentos, materiais, auga limpa, aire puro, regulación climática, prevención de inundacións, polinización e/ou lugares de recreo.
  • E que se a natureza resulta danada, non so sofre a biodiversidade, se non toda a sociedade ao deixar de recibir os servizos que lles proporcionan os ecosistemas sans.

Conscientes desta realidade, a UE toma medidas mediante a “Estrategia de la UE sobre Biodiversidad 2020”.

A partires desta estratexia xorde, no ano 2013, a iniciativa de fomentar o emprego da chamada“INFRAESTRUTURA VERDE”, como ferramenta para abordar a ameaza  á Biodiversidade.

O que todo este conxunto de advertencias ven a dicirnos é que non é suficiente con manter “ISLAS DE CONSERVACION DE NATUREZA E  PAISAXE”, senón que ademáis estas deben e teñen que estar conectadas para permitir a conectividade ecolóxica e a Biodiversidade e a este ámbito de territorio lles chama “INFRAESTRUTURA VERDE”

En España estas cuestións introdúcense na lei 42/2007 del “Patrimonio Natural y de la Biodiversidad, no seu capítulo III, crea as condicións nas que debe desenvolverse a “Estrategia Estatal de infraestructura Verde y de la conectividad y Restauración ecológica”.

En Galicia estas cuestións se poñen en  práctica no ano 2007, aproveitando unha subvención da UE, o “Instituto de Estudios do Territorio”, dependente da Consellería de Medio Ambiente, encarga o desenvolvemento e identificación da “INFRAESTRUCTURA VERDE DE GALICIA”.

Paralelamente decídese que, concretamente sobre o Área de  Coruña, se desenvolva un proxecto piloto de posta en práctica. Neste proxecto participa a “Fundación Juana de Vega”, a través da “Escola Galega do Paisaxe” e a “Asociación de desenvolvemento Rural  Mariñas Betanzos”.

No desenvolvemento destes traballos mantivéronse contactos cos Concellos para solicitar a nosa colaboración e explicar en que consistía isto da “INFRAESTRUCTURA VERDE”. Trasládasenos unha enquisa que, a súa vez, o Concello trasladou a todos os grupos políticos para a súa participación. Os resultados da devandita enquisa foron remitidos á empresa que desenvolve os traballos.

Pouco tempo despois  a dita empresa solicita unha entrevista co alcalde  e técnicos do Concello que consistíu nun intercambio de suxestións.

De toda esta información, a empresa, remitíu ao Concello, en Abril do 2018, un folio co que considerou o resumo das entrevistas. Ata aquí chegou a participación do Concello nestes traballos. Neste folio se expoñían a maior parte das suxestións plantexadas polo Concello, entre outras, considerar como corredores biolóxicos vinculados á Ría do Burgo os cauces fluviais dos ríos Valiña, Mero, Brexa e Gándara. En realidade estábase a reivindicar a integración dentro do proxecto da “INFRAESTRUCTURA VERDE DE GALICIA” do patrimonio fluvial máis destacable do Concello de  Cambre.

E facíase sendo conscientes de:

Que a “INFRAESTRUCTURA VERDE” representa unha área de oportunidade. Que a potencialidade de xerar unha infraestrutura verde nesta área non ven dada só polas súas características Medio Ambientais, senón pola importancia socioeconómica do territorio.

Que nos facilita servizos de abastecemento de materias primas e de alimentos, servizos de regulación ambiental, servizos culturais, lúdicos e de Ocio.

Que o noso patrimonio fluvial debe ser un facilitador de economía sostible.

Por isto, nos adscribimos, apostamos e participamos no proxecto de Infraestrutura Verde da Xunta aportando suxestións e entendemos que a clasificación do noso patrimonio fluvial quedaba integrado na Infraestrutura Verde, de oficio, por parte da administración redactora do proxecto.

Nestes momentos descoñecemos a evolución deste proxecto. Só coñecemos parte do seu contido pola información que se facilitou a asociacións de protección da natureza  e medio ambiental ao requirir a súa participación, por certo nestes avances o río Gandara ao igual que o río Brexa viñan debuxados dentro da Infraestrutura Verde.

O proceso de xestión, proxecto e execución que se está dando no desenvolvemento doutra infraestrutura, denominada Gris (trazado da Vía Artabra), choca frontalmente con esta proposta e, polo tanto, nos fai temer pola Catalogación do río Gándara como parte da  “INFRAESTRUCTURA  VERDE” e máis cando é moi posible que a xustificación, de refugala,  nada teña que ver coa súa cualidade senón por descarte ante a decisión previa, sen contraste, de construir a infraestrutura Gris neste punto por riba de calquera outra opción.

O que se ven producindo é un conflito entre dúas infraestruturas, unha a que promueve a Consellería de Infraestruturas e outra que promove a Consellería de Medio Ambiente, onde ao Concello só lle queda a posibilidade de optar por unha das dúas.

A Xunta, neste caso, optou por : impoñer a infraestructura Gris menospreciando os efectos sobre a  Infraestrutura Verde.

Resulta polo tanto necesario que o Concello se pronuncie sobre este asunto.

Por outra banda estes ámbitos atópanse dentro da Reserva da Biosfera como conectores biolóxicos de interés (zonas Tampón) polo tanto forman unha parte importante da estructura da Paisaxe que garante a supervivencia da declaración como Reserva do espazo Mariñas Betanzos. Neste contexto, no cabe dúbida de que apostar polo mantemento e recuperación destes espazos, non só mantén, senón que aporta solidez á continuidade da referida declaración de Reserva da Biosfera.

É por todo o que antecede que traemos a este Pleno la siguiente  proposta:

1.- O pleno do Concello recoñece e aproba como parte da súa “INFRAESTRUTURA VERDE”  os corredores que representan os Ríos, Valiña, Mero, Brexa, Gándara e San Benito, San Pedro e San Marcos como conxunto (estrutura) inseparable da Ría do Burgo.

2.-Trasladar este acordo á Reserva da Biosfera: “Asociación de desenvolvemento Rural”, para que apoie (dictamine) sobre a oportunidade de manter estes espazos como parte do proxecto de “INFRAESTRUTURA VERDE”, como soporte e garantía da solidez na Conservación da Declaración de Reserva da Biosfera.

3.- Trasladar este acordo á Consellería de Medio Ambiente para que recoñeza, senón o estiveran, os devanditos espazos parte da “INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA”.

4.- Se nos informe en que punto, do proceso de redacción do proxecto nos atopamos.