Cambre

Cambre

Cambre, situado no centro do área metropolitana sofre, máis ca aproveitar, o impacto da maior parte das infraestructuras viarias, de alta capacidade, ferroviarias, outras como o encoro de Cecebre…

Temos unha situación xeográfica privilexiada na área metropolitana entre A Coruña e Ferrol. A pesar disto, o concello continua sendo considerado pertencente á 2ª coroa metropolitana, cando deberiamos pertencer á 1ª, constituida por Arteixo, Culleredo e Oleiros.

Por estas cuestións, Cambre non contribúe, como lle corresponde, na toma de decisións da área metropolitana, resultando nunha falta considerable de políticas e proyectos de xestión do municipio.

Carecemos dunha gran área industrial que atrasa a implantación de novas empresas no concello, levándonos a unha taxa actual de desemprego do 25,81%. Temos o índice de vecinos que viven e traballan en Cambre (23,41) más baixo da área metropolitana.

É preciso dar resposta a esta situación e recuperar a nosa posición na área metropolitana seguindo os criterios de:

Interese xeral

Consolidación dos dereitos do cidadán

Calidade de vida, sostenibilidade e solidaridade

Descarga o programa en pdf