García Patiño acusa á Xunta de mentir para non facer as beirarrúas...

García Patiño acusa á Xunta de mentir para non facer as beirarrúas da Xira

O alcalde de Cambre e candidato de UxC á alcaldía de Cambre, Óscar García Patiño, asegura que os argumentos que esgrime a Xunta para non facer as beirarrúas da Xira e da Casilla son falsos. A Xunta apunta a que o concello non cedeu todas as parcelas para a construción das beirarrúas ao que o primeiro edil sinala que “bastante traballo fixo o concello facendo o traballo que tiña que facer a Xunta e cedéndolles prácticamente todos os terreos”.

García Patiño lembra á Xunta que o concello cedeulles o 90% das parcelas de xeito gratuito, quedando pendentes dous parcelas que os propietarios non quixeron ceder polo que é a Xunta o organismo competente para expropiar o espazo necesario para a construción das beirarrúas. Unhas expropiacións que, segundo aclaran dende o goberno, o concello non pode levar a cabo.

“A xunta que nin sequera amosou nin a nós ni naos veciños o proxecto que di que modificou escúdase agora en dúas parcelas que non cederon voluntariamente os veciños”, sostén o alcalde de Cambre que lamenta que o ente autonómico sí se dera tanta presa para expropiar os terreos da Vía Ártabra – máis de 200 parcelas e máis de 80 propietarios- mentres que para expropiar a dous propietarios para as beirarrúas levan máis de dous anos.

O alcalde de Cambre sinala que “é lamentable que a Xunta minta a veciñanza. Contratou un proxecto en 2014 que vendeu a bombo e platillo. Entón o anterior alcalde era da mesma cor,do Partido Popular. É moi triste que os intereses dun partido político se antepoñan á seguridade dos peóns que cruzan a diario a AC214 xogándose a vida”, conclúe.