García Patiño asegura que a transformación urbanística de Cambre está en marcha

García Patiño asegura que a transformación urbanística de Cambre está en marcha

Na entrevista de hoxe en Radio Coruña Cadena Ser, o alcalde de Cambre e candidato á alcaldía por UxC, Óscar García Patiño, falou das actuacións que se están a levar a cabo na Barcala e no centro de Cambre. García Patiño asegurou que a “transformación urbanística da zona urbana do concello” xa está en marcha e que esa transformación xa non hai quen a pare.

Unha transformación que Unión por Cambre defendeu dende os seus inicios para acadar unha calidade urbana para o concello que non había. Nestas catro anos, o goberno de Óscar García Patiño, foi quen de empezar a mudar os espazos urbáns do concello e poñer en marcha proxectos que, sen dúbida, marcarán un antes e un despois en Cambre.

Audio da entrevista de Óscar García Patiño hoxe en Radio Coruña