García Patiño: “Queremos unha Vía Ártabra metropolitana e non unha vía de...

García Patiño: “Queremos unha Vía Ártabra metropolitana e non unha vía de acceso á autopista para os veciños de Oleiros que é o que tenta a conselleira”

Cambre solicita á Xunta que de “avanzar coa Vía Ártabra o faga só ata o Polígono Industrial do Espíritu Santo” polo menos ata saber se Fomento aprobará o enlace proposto polo ente autonómico. A Xunta, tras o anuncio de Fomento de facer outro estudo técnico sobre o enlace coa AP-9, partiu o proxecto para continuar este vial que morrerá nunha estrada convencional e terá, como único fin, o enlace da Gándara aínda sen saber se poderá levarse a cabo.
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegura que o empecinamento da conselleira de Infraestructuras supón un risco elevado por mor de comezar unha estrada que non se sabe se poderán finalizar. “No caso de que Fomento non aprobe o enlace na Gándara o custe económico e social, provocado polo empecinamento da Xunta, será irreversible. Este empecinamento está a enfrontar aos concellos afectados e aos veciños por non contar con eles para deseñar o mellor trazado para a área metropolitana coa súa imprescindible continuidade coa A-6”, sinala García Patiño.
Dende o goberno cambrés inciden en que o máis importante para o desenrolo e mobilidade da área metropolitana é que a Vía Ártabra continúe hacia a A-6. Unha conexión que obrigatoriamente debe pasar polo nudo de Catro Camiños, tal e como reclama o concello de Cambre e como defendeu dende o principio Unión por Cambre. Deste xeito, non se esnaquiza o territorio e dase servizo aos veciños de Cambre e de toda a área metropolitana. “Nós queremos unha Vía Ártabra metropolitana e non unha vía de acceso á autopista para os veciños de Oleiros que é o que tenta a conselleira”, sentencia o alcalde cambrés.
O Concello de Cambre xa anunciou que levará á xustiza o enlace da Gándara en canto chegue a resolución ás alegacións da Xunta que aínda están sen facer.