Mellora do saneamento e das instalacións públicas en Cecebre

Mellora do saneamento e das instalacións públicas en Cecebre

Esta lexislatura que presidiu o alcalde Óscar García Patiño (UxC) levou importantes melloras á parroquia de Cecebre. Unha das principais actuacións foi a mellora do saneamento na Mota e Fraíz, coa reposición do firme da estrada que une estos dous núcleos de Cecebre.

Unhas melloras que tamén chegaron ao polígono industrial con actuacións de pluviais nas rúas Lumiére e Fleming e a súa posterior pavimentación.

A estas actuacións hai que sumar as melloras que se levaron a cabo na unitaria de Lendoiro con traballos na fachada, cuberta e planta baixa. Ao arranxo de marquesiñas, arranxo e limpeza de camiños que se levou a cabo, hai que sumar  á mellora do parque infantil e a pista polideportiva de A Balastreira que se está a executar na actualidade.

Adxudicadas están as obras de pluviais e pavimentación que se van levar a cabo no lugar de Sobreguexe, en donde tamén se actuará para mellorar a seguridade viaria. O servizo de saneamento tamén se ampliará ás zonas de Apeadeiro, Quintán e Fraíz.

Pincha aquí e descubre as obras desta lexislatura.