Unha lexislatura de melloras para Sigrás

Unha lexislatura de melloras para Sigrás

Durante esta lexislatura, Sigrás mellorou os seus espazos públicos. O goberno de García Patiño (UxC) acadou un acordo cos veciños da parroquia para que cedesen o local social ao concello e así abordar os traballos de mellora do inmoble.

Melloras tamén para o parque infantil do Souto. Os traballos, que se están executando, permitirán aos rapaces da parroquia contar cunha zona segura para xogar con xogos renovados e a instalación de solo de caucho.

Foi en Sigrás, tamén, onde se levou a cabo unha das actuación máis chamativas de ordenamento urbanístico ao executar a orde de derribo sobre as estructuras ilegais que levaban anos en pé. Unha actuación que se enmarca na política urbanística que impulsa UxC para repoñer a legalidade urbanística no municipio tras detectar 141 inmobles en situación de ruína.

As actuacións completáronse coa mellora do polideportivo dos Campóns, onde se levaron a cabo traballos de sustitución do chan e o peche perimetral da pista. Nesta lexislatura que remata tamén se arreglaron varias marquesiñas da parroquia.

Os traballos continuarán, nos próximos meses, con actuacións xa licitadas como a ampliación do saneamento en O Vilar e Sigrás de Abaixo e a pavimentación da rúa Sobrecarreira. Con cargo aos orzamentos de 2019, chegará unha actuación de mellora de accesibilidade á escola de música e ao local social.

Pincha aquí e descubre as obras desta lexislatura.