Óscar García Patiño elexido alcalde de Cambre

Óscar García Patiño elexido alcalde de Cambre

Na sesión plenaria do sábado 15 de xuño, o candidato de Unión por Cambre Óscar García Patiño, foi elexido por segunda lexislatura consecutiva como alcalde de Cambre.

Durante o seu discurso, o rexedor agradeceu o traballo dos membros de Unión por Cambre, así como o apoio dos seus seres queridos  que fixeron posible que “hoxe estea aquí sentado”. García Patiño prometeu “traballar, como cada día, cunha ilusión maior ca do primeiro día. Porque queda moito que facer e moitos dos proxectos que iniciamos terán que ser unha realidade neste mandato”, sinalou o xa alcalde de Cambre Óscar García Patiño.

Ao final da sesión plenaria, o xa alcalde de Cambre, fotografiouse cos seus compañeiros de Unión por Cambre.

IMG-20190615-WA0083