Seguridade viaria e un campo de fútbol de categoría para Brexo-Lema

Seguridade viaria e un campo de fútbol de categoría para Brexo-Lema

Seguridade viaria e mellora das instalacións deportivas da parroquia, foron as principais actuacións do goberno de García Patiño (UxC) en Brexo-Lema.

Nesta lexislatura procedeuse a mellorar o cruce de Bribes cunha semirotonda e sinalización horizontal e vertical así como instalación dun paso de peóns, eliminando así un punto conflictivo na rede viaria do concello.

Pero esta tamén foi a lexislatura da mellora das infraestructuras deportivas con actuacións no campo de fútbol de Os Pinares e na polideportiva municipal. O campo de fútbol estreou herba artificial e xa ten aprobado o proxecto para a construción das gradas e dunha zona de aparcamento. As actuacións, en materia deportiva, completáronse coa instalación dun novo chan na polideportiva municipal así como a construción dunha pasarela que conecta a polideportiva co colexio público.

As melloras tamén chegaron ao parque infantil de A Pitona que xa ofrece xogos novos para os máis cativos e a algúns camiños da parroquia que foron mellorados e limpados.

Nos vindeiros meses, chegarán novas obras á parroquia a cargo do orzamento municipal como a mellora do camiños de Brexo.

Pincha aquí e descubre as obras desta lexislatura.