Unión por Cambre e PSOE acordan un pacto de goberno

Unión por Cambre e PSOE acordan un pacto de goberno

Unión por Cambre y PSOE anunciaron onte, un pacto de goberno que, segundo indicou o alcalde, Óscar García Patiño, trátase “dun acordo de persoas, máis aló dos partidos políticos, para conseguir o mellor para o municipio”.

García Patiño e o secretario do PSOE, Miguel Ángel Gutiérrez, coincidiron en sinalar a “boa sintonía” entre os dous partidos para “continuar coa liña de traballo dos últimos anos”.  Avanzar no Plan Xeral e apostar por procesos participativos como o Decidámolo Xuntos, son dúas das liñas de traballo polas que seguirá apostando o grupo de goberno.

O goberno estructúrase en oito áreas:

. Área de Presidencia: Óscar García Patiño

. Desenvolvemento asociativo: María Pan Matos

. Turismo e Patrimonio: Ramón Boga Moscoso

. Área de Urbanismo: Juan González Leirós

. Área Económica e Réxime Interior: María Pan Lesta

. Área de Servizos e Seguridade Cidadá: Elisa Pestonit Barreiros

. Área de Cultura, Deportes e Xuventude: Daniel Mallo Castro

. Cultura: Mónica Varela Germade

. Área de Educación: Miguel Ángel Gutiérrez Nieto

. Mobilidade e Medio Ambiente: Patricia Parcero Quiñoy

. Área de Benestar Social: Lúa Sanguiñedo Álvarez

. Área de Desenvolvemento Socioeconómico: Diego Alcantarilla Rei

 

A Xunta de Goberno local estará conformada por :

Óscar García Patiño

Juan González Leirós

Lúa Sanguiñedo Álvarez

Elisa Pestonit Barreiros

Miguel Ángel Gutiérrez Niego

Daniel Mallo Castro

María Pan Lesta

Diego Alcantarilla Rei

O novo goberno contará con 9 dedicacións exclusivas, unha exclusiva con retribución de medida dedicación, a do alcalde, e dúas por asistencias.  A retribución para a alcaldía será de 35.000 euros, a de urbanismo de 40.000 euros e o resto de 29.000 euros.