Unión por Cambre respalda ao Sporting Cambre na súa petición de igualdade...

Unión por Cambre respalda ao Sporting Cambre na súa petición de igualdade para a final da Copa

Unión por Cambre respalda ao Sporting Cambre na súa petición de que a final da Copa de La Coruña de Fútbol masculino e femenino reciban o mesmo trato. Dende UxC rexeitan calquer tipo de discriminación e comparten co club cambrés a petición de que as dúas finais se xoguen en igualdade de condicións despois de que a Federación Galega de Fútbol decidise que a final femenina non se ía disputar no estadio de Riazor, donde sí se xogará a final masculina.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño (UxC) manifestou o seu “apoio e respaldo” ao clube ao considerar que se trata dunha situación “completamente inxusta”. García Patiño destacou o “esforzo e dedicación” que o equipo cambrés fixo para chegar a esta fase final e pediu “que ambas as dúas finais se traten con igualdade”.

Dende Unión por Cambre esperan que a Federación Galega rectifique e que as finais femenina e masculina se disputen en igualdade de condicións.