UxC e PSOE definen un plan de Goberno para Cambre

UxC e PSOE definen un plan de Goberno para Cambre

Rueda Prensa 1

Hoxe día 11 de Xuño, Óscar García Patiño pacta co Psoe de Augusto Rey para establecer un goberno de coalición en Cambre. Estas son as liñas xerais do plan en común para un goberno de Cambre

 

Síntesis Programa de Goberno para que Cambre avance.

Eixos fundamentais da acción de goberno.

O goberno municipal terá a transparencia, eficiencia e participación como guía da súa acción de goberno, sempre baixo a prevalencia do interese xeral. As responsabilidades públicas deste goberno levaranse a cabo baixo estritos principios de austeridade, honradez, exemplaridade, legalidade, eficacia e dedicación, para o que suscriben un código ético.

 

1.- Información, atención e participación dos veciños

  • Fomentar a participación cidadá facilitando o dereito á información, á atención e a participación. Impulsar o regulamento orgánico de participación cidadá (ROPC).

 

2.- Administración

  • Acometer unha importante reforma na Administración, orientada en todo momento á atención ó veciño.
  • Iniciar os procedementos administrativos que permitan licitar a totalidade de servizos que se prestan en precario na actualidade.
  • Aprobación da RPT nos seis primeiros meses de lexislatura.
  • Implantación definitiva, real y efectiva da administración electrónica municipal.

 

3.- Tributos locais

  • Estudo das políticas de ingresos e gastos baixo estritos criterios sociais e de igualdade, legalidade e progresividade.
  • Revisión, redefinición e actualización do conxunto das ordenanzas fiscais, tasas e tributos municipais.

 

4.- Urbanismo e Medio ambiente

  • Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
  • Poñer en marcha os mecanismos administrativos e institucionais para levar a cabo una nova revisión dos valores catastrais.
  • Potenciar os ríos de Cambre como referentes da actividade económica, turística e medioambiental do concello.

 

5.- Transporte e Movilidade

  • Estudo, co resto de administracións, das características e necesidades en materia de transporte e mobilidade no concello de Cambre. Reivindicar a mellora do transporte público no concello.
  • Iniciativas en favor do transporte ferroviario.

 

6.- Políticas sociais

Posta en marcha de políticas encamiñadas a favorecer e mellorar a calidade de vida das veciñas e vecinos de Cambre:

  • Universalización do servizo de comedor
  • Plan Específico de apoio á alimentación infantil.
  • Posta en marcha de iniciativas en materia de conciliación familiar, laboral e social das familias de Cambre
  • Iniciativas para paliar a pobreza enerxética e déficits en materia de vivenda, para familias sin recursos en Cambre.
  • Deseño, con outras administración, dunha rede de alertas, servizos e equipamentos para atender con celeridade e sensibilidade ás persoas e familias en situación ou risco de exclusión social. Mellora dos criterios de acceso e financiamento destas axudas.

 

7.- Infraestruturas, equipamentos, obras e servizos.

  • Acometer, incrementar e mellorar as infraestruturas e servizos urbanísticos en todos os núcleos de poboación e, en especial, naquelas parroquias con déficits destes servizos
  • Mellora da seguridade viaria.
  • Plan anual de modernización e mantemento de infraestruturas municipais: “manter o que temos”.

 

8.- Formación, emprego, promoción económica e turismo

  • Gran pacto institucional de loita contra o desemprego.
  • Políticas activas de fomento do emprego, emprendemento e promoción económica. “A mellor política social: un emprego”.

 

9.- Cultura, Xuventude e Deporte

  • Establecer una programación cultural e deportiva anual estable.

 

10.- Plan Integral de actuacións prioritarias e inversións preferentes na vindeira lexislatura

Para desenvolver o contido deste decálogo, amosamos o noso compromiso de actuación que nos leve a converxer o desexable co posible.

A participación, a transparencia na xestión, a permanente autoevaluación, a cercanía e a humildade constituirán os piares esenciais dun bo goberno.