UxC mellora a seguridade viaria entre as rúas Otero Pedrayo e A...

UxC mellora a seguridade viaria entre as rúas Otero Pedrayo e A Coutelana

A semana pasada comenzaron as obras de mellora da seguridade viaria entre as rúas Otero Pedrayo e A Coutelana, no Temple. As obras, incluídas no POS+ Adicional, supoñen unha investimento de 49.279,09 euros.

Os traballos proxectan dar continuidade á beirarrúa na marxe dereita entre A Coutelana e a rúa Otero Pedrayo, cunha beirarrúa de entre 2 e 3 metros de ancho e acabado superficial de aglomerado. Ao seu paso polo polígono industrial de O Temple, proxéctase unha beirarrúa máis elevada que a calzada e pegada á nave.

Xunto coa mellora da beirarrúa, farase unha nova rede de pluviais con dous colectores que discurrirán a ambos lados da calzada. Tamén se habilitará un novo paso de peóns elevado a fin de acadar reducir a velocidade dos vehículos que pasan pola zona.

Os traballos complétanse coa ampliación do ancho da calzada á altura da nave do polígono. Para elo desmontarase o terreo actual e pavimentarase toda a calzada cunha capa de 5 cm de D-12 e posteriormente procederase á sinalización horizontal e reposición da vertical.

Con esta actuación, o goberno de UxC pretende mellorar a seguridade viaria dos peóns que transitan por esta zona de O Temple.