UxC puxo as novas tecnoloxías ao servizo do cidadán

UxC puxo as novas tecnoloxías ao servizo do cidadán

UxC puxo en marcha ao longo desta lexislatura tres APPs para que os veciños estén conectados coa administración local en todo momento. Trátase, concretamente, das APPs da OMIX, a do departamento Obras e a de Decidámolo Xuntos, a campaña de orzamentos participativos que desenvolve o concello para recoller as propostas dos veciños.
A APP da OMIX permite aos mozos de Cambre seguir toda a información sobre as actividades e programas que desenvolve a Oficina Municipal de Información Xuvenil. Dende a súa posta en marcha, en febreiro de 2016, conta con 2.908 usuarios e contabiliza 62.660 visitas. A través desta aplicación móbil, a xuventude pode informarse sobre os diferentes programas que desenvolve a Oficina Municipal de Información Xuvenil, as actividades que organiza así como calquera outra información que poida ser de interés para a mocidade como poden ser temas de empleo ou de saúde. O departamento que dirixe Ramón Boga informa puntualmente aos rapaces de toda esa información que lles pode ser de interese.
A esta aplicación hai que engadir a de APP de Obras, posta en funcionamento en marzo de 2017. Esa aplicación permite aos veciños contactar a través do móbil co departamento que dirixe a edil de UxC, Elisa Pestonit, para informar de todas aquelas incidencias que detecten. Dende a posta en marcha da aplicación ata agora rexistráronse un total de 2.382 incidencias, das que se resolveron 1.974 e se derivaron un total de 553 incidencias correspondentes a outros departamentos ou mesmo a outra administración pública.
A última aplicación móbil en poñerse en marcha foi a da campaña Decidámolo Xuntos, a través da que os veciños puideron achegar as súas propostas para ter en conta á hora de definir o orzamento municipal para 2019.
A estas aplicacións, hai que sumar un servizo de acceso gratuíto a internet e wifi que UxC puxo en marcha para garantir que todos os veciños poidan ter acceso as novas tecnoloxías, tal e como comprometeron no seu programa eleitoral de 2015. Hai xa máis dun ano que os veciños e visitantes poden conectarse ao servizo público de wifi en Cambre, A Barcala e O Temple. En Cambre poden facelo no Campo da Feira e no Museo, na Barcala na urbanización e no Temple na zona da Casa das Palmeiras.
Unha aposta polas novas tecnoloxías que serve, por un lado, para que os cambreses e cambresas poidan acceder de manera sinxela á información municipal que lle interese e, por outro lado, para facilitar a comunicación dos cidadáns coa administración local. Unha comunicación rápida, directa e aberta as 24 horas do día.
Este servizo complétase co acceso a internet que ofrecen tanto a rede de bibliotecas municipais, como a Casa das Palmeiras, a OMIX e a Casa da Cultura.