Traballamos

Traballamos

DSC_0386

Nestes últimos catro anos consolidamos a nosa presencia e a nosa voz no Concello.

Como Grupo Municipal temos realizado ata agora unha oposición seria, coherente e sensata, tentando sempre de mellorar o noso Concello sen perder un ápice da nosa independencia.

Traballamos por un Cambre aberto, transparente e participativo, informando aos nosos veciños puntualmente das situacións xurdidas por mor das decisións do Governo Municipal.

Temos levado ao Concello máis de cincocentas (500) iniciativas en forma de peticións veciñais, rogos, preguntas e mocións.

Reclamamos constantemente a contratación de todos aqueles servicios en condición irregular, e que a día de hoxe son máis que ao comezo da lexislatura; entre outros: auga e Rede de sumidoiros. Mantemento de parques e xardíns, edificios e instalacións municipais, iluminación pública. Servicio de grúa. Suministro de gasóleo. Servicio de desratización, desinfección e desinsectación. Aluguer e mantemento dos inodoros públicos. Mantemento de aplicacións informáticas

Informamos e realizamos alegacións que lle correspondían ao Goberno Municipal, e que non se fixeron:

  • Vial 11-17: conexión rotonda Clube de Tenis coa Autoestrada, defendendo que non desapareza a conexión da Seara e que a saída e entrada deste vial se realice na Marisqueira e na fronte ao Portofaro.
  • Plan Sectorial das áreas empresariais, reivindicando así mesmo a importancia do Polígono do Espíritu Santo e a necesidade da súa ampliación.
  • Conexión da Vía Ártabra coa AP-9, Autoestrada e enlace a Cambre. Enlace libre de peaxe en Catro Camiños.
  • Catastrazo: Presentamos alegación ante o Tribunal Económico- Administrativo que está sen resolver, e avalados polas máis de tres mil cincocentas (3.500) sinaturas de veciños de Cambre.
  • Alegación para que as rotondas previstas no centro de Cambre as pague a Xunta e non o Concello.
  • Propostas ao PXOM de Culleredo, e que afecta directamente a Cambre.
  • Propostas para facer aparcadoiros en Cambre, A Barcala.
  • Informamos da situación actual do PXOM.
  • Reclamamos, mediante mocións, a execución da Vía Ártabra ao seu paso por Cambre.
  • Temos advertido ao Governo Municipal da irregular tramitación da Modificación do Plan Parcial no Polígono do Espíritu Santo. A Xunta de Galicia deunos a razón e reclamou ao Concello o cese das actuacións.
  • Advertimos tamén da irregular tramitación do DTC-93; e aínda que o Governo Municipal desoíu a nosa advertencia, a Diputación rexeitou os proxectos que lle presentaron.
  • Reclamamos igualmente a obriga de dispor de aparcadoiros dentro das parcelas (nos sotos) da Escola Infantil e no Centro de Saúde no Temple. Aínda non fixeron caso.
  • Informamos aos veciños e á Fiscalía da contratación irregular do Alcalde Sr. Rivas polo Brincadeira: máis de douscentos mil euros (200.000€) perdidos polo de agora (actualmente no Xulgado).

Na pasada lexislatura, os tres concelleiros de UXC renunciaron á súa retribución económica anual (ingresos correspondentes por asistencias a Plenos, Comisións e Xuntas...) sendo estes destinados a programas sociais do Concello de Cambre.