Un concello dinámico, con actividade e iniciativas. A vontade cidadá para levar a cabo melloras e cambios significativos na nosa vida cotiá en Cambre.
A Feira de Cambre, o Certame de Pintura o o Rock in Cambre non só son actividades culturais, de lecer ou de relación comercial, senón que son a base para o desenvolvemento doutras actividades. (Por exemplo: o Certame de Pintura debe avanzar creando una Escola de Pintura e instaurando tamén un “Día de Pintura na Rúa”, xornadas de promoción artística, de ilustración infantil…).
Potenciar a colaboración cos centros docentes na procura de actividades positivas: interpretación e coidado do medio cotiá, coñecemento e conservación do medio ambiente, aprendizaxe da nosa Historia, arte…; promoción das artes escénicas…
O noso patrimonio é a base do noso futuro: o río Mero, os castros…
A importancia da Axencia de desenvolvemento local como órgano de dinamización e comunicación entre empresas, emprendedores e desempregados.
Actualización permanente nunha Guía de empresas e traballadores autónomos para a boa e necesaria potenciación do emprego e fomento da contratación laboral en Cambre.
Favorecer a implantación de cursos de formación adaptados ás necesidades das empresas.
Plan de acción integral para a pontenciación do noso sector primario agroalimentario.
Fomentar a contratación en «contratos menores» de profesionais que exerzan a súa actividade no termo municipal de Cambre.
Elaborar un estudio do Sector Primario para evaluar a posibilidade de xerar emprego dende a agricultura e ganderia