Humanizando a urbanización e atendendo aos rueiros de A Barcala

Humanizando a urbanización e atendendo aos rueiros de A Barcala

O obxectivo de UxC, dende os seus comenzos, é mellorar a calidade de vida dos veciños de Cambre. Dende a súa entrada no goberno municipal que dirixe Óscar García Patiño (UxC), esa foi a máxima que guiou todas as actuacións e iso pódese ver ben na urbanización da Barcala que está a vivir unha lexislatura de grandes cambios.

Ás obras da piscina municipal que reabría as súas portas ao arrancar a lexislatura que está a piques de rematar, hai que sumar a mellora de marquesiñas e parques infantís. Ao arranxo do primeiro parque sumarase, en breve, o que se atopa no oeste, conseguindo así un espazo seguro e de calidade para o desfrute dos máis pequenos.

E se sitio de calidade hai para os nenos e nenas da urbanización, espazo tamén para os cans. Foi o goberno presidido por UxC o que construíu o primeiro parque para cans en Cambre, un lugar onde os cans poden correr libres e desfrutar dun espazo para eles sós.

Nesta lexislatura abordouse tamén a mellora das instalacións do departamento de Servizos Sociais, instalouse un rexistro municipal na urbanización para favorecer a veciñanza as xestións coa administración local e púxose en marcha un servizo de wifi para favorecer o acceso gratuíto a internet.

Pero as actuacións seguen e, nesta última fase da lexislatura, a urbanización da Barcala está sufrindo unha gran transformación para dar solución ás necesidades da veciñanza. Por un lado, a creación de máis prazas de aparcamento, tal e como se está a facer na rúa Río Sil e, por outra, abrir as prazas á xente, coa obra que se executa na praza 1º de maio. Pero tamén, tal e como demandan os veciños, se están xestando  máis espazos verdes, como o do entorno da M4, fronte ao supermercado da urbanización. As actuacións complétanse coa mellora da beirarrúa de acceso á urbanización dende a estrada Temple-Cambre que xa está licitada.

Máis aló da urbanización, UxC achegará á Xunta de Galicia os terreos necesarios para construir o primeiro Centro de día do concello e o terceiro instituto na zona de Lendoiro. Alí tamén se levou a cabo a mellora do acceso ao campo de fútbol e licitáronse as obras para a construción das beirarrúas.