UxC denuncia que o concello deba preto de 8 millóns de euros a proveedores mentras mete 35 millóns a prazo fixo durante tres meses
O voceira de Unión por Cambre, María Pan, critica a nefasta xestión económica que o goberno de Piñeiro está facendo no concello de Cambre co concelleiro Rubén Vázquez ao frente. Se ven a día de hoxe seguimos sen saber cal é a débeda actual do concello de Cambre, a data de finais de xullo a débeda ascendía a 7.857.431,07 euros, o que sen dúbida é un dos datos máis elevados só superados por este mesmo goberno que chegou a acumuluar unha débeda a proveedores de nove millóns de euros.
Lonxe de dar leccións de bo facer como alude a facer o edil de economía e facenda, o departamento económico municipal dista moito de cumprir coas súas obrigas de pago a proveedores como é a súa obriga e aboga máis por unha política económica de acumular os cartos nas contas bancarias. Neste intres, o concello vai deposita a plazo durante tres meses 35 millóns de euros, tal e como puidemos coñecer despois de ver as actas achegadas das XGL, en donde consta resolución de alcaldía de data 3.09.2026 na que se pedía ofertas ás entidades para facer dito depósito.
Mentras tanto, os proveedores do concello siguen esperando cobrar as facturas adeudadas que, moitas veces, van cobrando debido ás sentenzas xudiciais que lles recoñecen ese cobro.
Precisamente, sobre o que acumula o concello en pago de xuros e costas en procesos xudiciais nos que os xuzgados lle dan a razón as empresas, no que vai de 2026 xa se acumulan 50.408,02 euros, mentras o dato de 2025 solicitado por UxC en repetidas ocasións, aínda non foi facilitado polo concelleiro da área.
Pan lamenta que o concelleiro Vázquez tente dar leccións de bo facer e critique a súa acción de goberno ao frente da área económica, cando con UxC no goberno se pagaron facturas por importe de máis de tres millóns de euros acudindo a un total de seis Recoñecementos Extraxudiciais de Crédito co que se puido garantir o mantemento dos servizos esenciais así como a liquidación de tres contratos tras as súas revisións de oficio ao longo do último ano de goberno. Un balance que contrasta cos 20 RECs levados a pleno polo goberno actual co que só se fixo fronte a un total de 1.026.766,02 euros e unha única liquidación tras a correspondente revisión de oficio en 17 meses de goberno.
Pan insta ao goberno a deixar de escudarse no pasado porque despois de 17 meses ao frente do concello xa tiveron tempo máis que de sobra para implantar esas vías de pago que tanto defenderon dende a oposición e que para nada eran estos Recoñecementos Extraxudiciais de Crédito que sempre criticaron e que, dende a oposición nunca votaron a prol.
UxC os defendeu no goberno como vía para pago de facturas de anualidades anteriores ou que tiñan algunha eiva na tramitación administrativa, defendendo sempre ese pago en base da teoría do enriquecementos inxusto. Non pagar, unha vez garantida que a prestación se prestou, está a suponer un enriquecemento para a administración e un empobrecemento para o proveedor. Con esa mesma máxima, hoxe xa na oposición, Unión por Cambre segue votando a prol do pago das facturas vía REC.
Outro dos exemplos da gran xestión que está a facer o goberno de Piñeiro é o feito de que Cambre, por primeira vez, veuse obrigada polo Ministerio a entrar nun plan de pago a proveedores en donde só se liquidaron obrigas de pago por 1,5 millóns de euros, fronte aos máis de 3 millóns dos que informaba o ministerio. Un plan a proveedores que agora, durante anos que aínda o goberno local non soubo dar as cifras concretas, conlevará que nos detraían unha porcentaxe dos fondos do estado que cada ano chegan ao Concello de
Cambre.
“Con esos 35 millóns de euros que acaban de poñer a tres meses, o goberno podería saldar vía Recoñecemento Extraxudicial de Crédito toda a débeda pendente e poñer o contador a cero. Eles apostan, seguindo o criterio da Intervención, de mandar a revisión de oficio todo o que non teña contrato en vigor pero en 17 meses que levan ao frente do goberno só concluíron unha revisión coa súa correspondente liquidación, mentras as setenzas seguen chegando. O ditamen do Consello Consultivo sobre o uso da revisión de oficio é claro, debe usarse en casos excepcionais”, conclúe Pan.




