UxC fai as súas aportación aos orzamentos de 2027
- O pasado venres, 11 de setembro, na primeira reunión que mantiveron co goberno local, achegaron un documento con aportacións onde, no capítulo de investimentos apostan por rematar as gradas do Campo de Brexo-Lema, así como obras que ían no POS 2024 ás que renunciou o goberno como a actuación nas beirarrúas de Río Gándara da Barcala ou a mellora das pluviais en A Patiña e Otero Pedraio entre outras
- Esixen que se cumpra e lei e se recollen os créditos precisos para afrontar as obrigas de pago do concello tanto a funcionarios como a diversas entidades como o Consorcio de Benestar ou a Fegamp
- Apostan por subir os importes das subvencións ás entidades municipais
Os concelleiro Daniel Mallo Castro e a concelleira e candidata á alcaldía, María Pan Lesta, reuníronse o pasado 1 de setembro co goberno de Diana Piñeiro para abordar o proxecto de orzamentos para 2027. Na reunión, mantida coa alcaldesa e o concelleiro de Economía e Facenda e persoal eventual, os representantes de Unión por Cambre, achegaron un documento non que se recollen as súas propostas de cara ao documento orzamentario de 2027 que o goberno pretende levar a pleno en novembro.
Dende UxC solicitan que se enmenden os erros detectados no orzamento de 2026 levado a pleno polo goberno de Diana Piñeiro en donde non se incluían, por exemplo, os créditos precisos para garantir as obrigas de pago de nóminas ou seguridade social dos funcionarios, algo o que obriga a lei así como as achegas que o concello ten que facer obrigatoriamente a diferentes entes como o Consorcio de Benestar Social ou a FEGAMP, entre outros.
Unión por Cambre solicitou tamén o incremento dos importes das subvencións ás entidades municipais así como as modificacións das bases que van axilizar a tramitación de subvencións, recepción de obras e tramitación de facturas. Bases idénticas ás presentadas por UxC no orzamento levado a pleno en 2025 que finalmente non foi aprobado ao non obter a maioría necesaria.
Investimentos
Capítulo importante tamén as aportacións da formación que lidera Pan en materia de investimentos en donde solicitou que se recollese unha partida para rematar as gradas do campo de Brexo-Lema, incorporar proxectos do POS 2024 aos que acaba de renunciar o goberno de Piñeiro, como son a mellora de mobilidade na beirarrúa Río Gándara na Barcala así como unha actuación para recollida de pluviais en A Patiña e Otero Pedraio, tendo en conta que é un demanda veciñal de hai anos e que está a suponer graves problemas aos residentes en ambas zonas. Propón tamén Unión por Cambre, a reurbanización da Mazá 3 na Barcala, o parque canino de Álvaro Cunqueiro, adquisición de señais e mobiliario urbano, un plan de renovación de alumeado público así como a mellora do parque da igrexa que tamén iba incluido nunha obra do POS 2024 á que tamén vai renunciar o concello.
UxC oponse, tal e como explicou ao goberno, a compra de novos equipamentos e edificios, mentras queden locais por arranxar ou por rematar como é o salón de actos baixo a biblioteca central, Vila Concepción, Casa Arrigada, Casa Palmeras ou os locais municipais de A Barcala. “Antes que incrementar o patrimonio municipal deberíamos manter en boas condicións o que temos, e hai moitas edificacións que precisan agora mesmo unha boa inversión así como outras que precisan proxectos para poder poñelas á disposición dos veciños e veciñas”, apunta a voceira e candidata María Pan.
Plan de Obras e Servizos 2027 (POS)
No documento achegado por Unión por Cambre, tamén se abordar outro tipo de investimentos tanto a cargo do remanente de tesourería que haberá tras aprobarse a liquidación de 2025 así como para o Plan de Obras e Servizos 2027 en donde, apuntaron, a recuperar todos os proxectos do POS 2024 aos que renunciou o goberno. “Os proxectos están feitos e responden a demandas veciñais, así que non se entendería que non se actualizasen na medida que corresponda, e non os incluisen no Plan de Obras que a Deputación sacará de cara ao ano 2027”, sinala o concelleiro Dani Mallo, que defende que todos os proxectos que Unión por Cambre deixou feitos e incluso algúns xa en licitación para contratar pero que non se executaron, non poden quedar gardados nun caixón porque son actuacións demandadas pola veciñanza que hai que atender.
Pan valora positivamente este primer encontro e sinala que, unha vez remate a ronda de contactos cos grupos municipais, o goberno comprometeuse a enviar un borrador de orzamentos e seguir falando. “UxC falará as veces que faga falla para tentar chegar a acordos e sacar estes orzamentos adiante en tempo e forma para que Cambre empece o 2027 cun orzamento aprobado”, conclúe Pan Lesta.




