Pan recrimina ao goberno retirar a obra de iluminación do Dani Mallo por non rexistrar o campo municipal dende setembro
No pleno extraordinario e urxente que se celebrou o venres 23 de outubro en Cambre, a voceira do Grupo Municipal de Unión por Cambre, María Pan, recriminou á alcaldesa que, dende setembro de 2026 cando a secretaria informou que por non estar inscrito no rexistro da propiedade o campo de fútbol Dani Mallo non podía acreditar a titularidade municipal, o goberno non fixera nada para subsanar esta deficiencia.
Deficiencia que o pasado 8 de outubro comunicou á Deputación, pedindo a subsanación do proxecto da mellora do campo de fútbol de Lendoiro e mellora da iluminación no Dani Mallo que se presentou ao Plan de Obras e Servizos Adicional aprobado en pleno en setembro.
Dende UxC explicaron que hai antecedentes máis que suficientes para poder demostrar que o ben é municipal, porque hai para empezar un acordo plenario firme do 27 de maio de 2004 cando o concello aproba o convenio polo que o Sporting Cambre cede ao concello o terreo de xogo. A partir de ahí, gobernos socialistas e populares de Cambre levaron a cabo obras no campo de fútbol con fondos provinciais, acreditando nese momento, suponse, a titularidade do campo.
Qué foi o que cambiou agora? Por que non se acredita? Porque non está rexistrado, segundo o informe da secretaria. Pan o que non entende e que se dende hai máis dun mes saben que rexistrando o ben se podería salvar esta actuación non se levase a cabo este trámite para poder subsanar o tema de ser preciso, en vez de xogarse todas as cartas cun informe do coordinador de deportes tentando complementar o informe da secretaria. Táctica da que xa se lles advertiu ao goberno, en setembro, era de moi dubidosa validez.
Así as cousas, hoxe Cambre ten que renunciar e sacar do proxecto do POS a mellora da iluminación do Dani Mallo para poder garantir que a obra do campo de Lendoiro se leve a cabo cando, o deber da alcaldesa de Cambre, que ademáis é Deputada provincial e debería haber preguntado como se fixo outras veces para poder levar fondos provinciais para o campo do Cambre, sería defender ata o final o proxecto completo. “Estou convencida de que se cando a secretaria advertíu o 11 de setembro que faltaba rexistrar o ben que sí está no inventario municipal de bens, se puxeran a traballar no tema, hoxe o campo estaría rexistrado e non habería que quitar esa actuación do POS”, apunta Pan Lesta.
A voceira de UxC fixo que a alcaldesa se comprometese en sede plenaria a que a obra de iluminación levaríase a cabo con remanente de tesourería en canto estivera lista a liquidación e tamén con que se comenzaría xa o expediente para rexistrar o campo de fútbol de Cambre e evitar en sucesivas ocasións situacións como estas que, ata o de agora nunca sucederán.
Esta situación repítese en varias obras do POS 2024 ás que o goberno de Diana Piñeiro xa renunciou por, outra vez, non acreditar a titularidade dos terreos. Un problema novo para Cambre que xurde dende o POS 2024, polo que UxC se pregunta que cambiou agora para que non se poida acreditar axeitadamente que os terreos sobre os que se vai a actuar son municipais. O problema, segundo informou a alcaldesa é que o inventario de bens está sen actualizar. “O concello de Cambre aprobou en xuño de 2017 o inventario municipal de bens. Nese acordo plenario, no apartado 4 sinalaba: “Inscribir no Rexistro da Propiedade todos os bens e dereitos que non consten nel, calquera que sexa a súa natureza; isto, de conformidade co establecido no artigo 36 do Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais”, pois haberá que facer efectivo ese acordo plenario que non foi recurrido e solventar esta situación que agora sí está a provocar problemas como o que hoxe nos trouxo a este pleno”





