Novas manifestacións polas beirarrúas da Xira e a Casilla

Novas manifestacións polas beirarrúas da Xira e a Casilla

O Concello de Cambre e a Asociación de Veciños de Sigrás, volverán a manifestarse para esixir á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta, a construción das beirarrúas da AC-214 ao seu paso por A Xira e A Casilla.

Con estas mobilizacións, goberno e veciños queren protestar ante «a pasividade e o silencio da Xunta de Galicia» xa que os terreos, tal e como lembrou o alcalde, Óscar García Patiño, levan «máis dun ano, no caso da Xira, e dous no caso da Casilla, en mans da Xunta» pero nada se sabe do proxecto. Para o primeiro edil, esta actuación é vital para a seguridade viaria nunha estrada de enorme perigosidade para os peóns.

As protestas terán lugar os primeiros venres de cada mes, salvo no mes de decembro, que se celebrará o día 13. A primeira das movilizacións será o venres 6 de setembro e arrancará ás 19:00 horas da ponte sobre o Río Mero no Mesón Vasco.