Unión por Cambre e PSOE acordan un pacto de goberno
Unión por Cambre y PSOE anunciaron onte, un pacto de goberno que, segundo indicou o alcalde, Óscar García Patiño, trátase «dun acordo de persoas, máis aló dos partidos políticos, para conseguir o mellor para o municipio».
García Patiño e o secretario do PSOE, Miguel Ángel Gutiérrez, coincidiron en sinalar a «boa sintonía» entre os dous partidos para «continuar coa liña de traballo dos últimos anos». Avanzar no Plan Xeral e apostar por procesos participativos como o Decidámolo Xuntos, son dúas das liñas de traballo polas que seguirá apostando o grupo de goberno.
O goberno estructúrase en oito áreas:
. Área de Presidencia: Óscar García Patiño
. Desenvolvemento asociativo: María Pan Matos
. Turismo e Patrimonio: Ramón Boga Moscoso
. Área de Urbanismo: Juan González Leirós
. Área Económica e Réxime Interior: María Pan Lesta
. Área de Servizos e Seguridade Cidadá: Elisa Pestonit Barreiros
. Área de Cultura, Deportes e Xuventude: Daniel Mallo Castro
. Cultura: Mónica Varela Germade
. Área de Educación: Miguel Ángel Gutiérrez Nieto
. Mobilidade e Medio Ambiente: Patricia Parcero Quiñoy
. Área de Benestar Social: Lúa Sanguiñedo Álvarez
. Área de Desenvolvemento Socioeconómico: Diego Alcantarilla Rei
A Xunta de Goberno local estará conformada por :
Óscar García Patiño
Juan González Leirós
Lúa Sanguiñedo Álvarez
Elisa Pestonit Barreiros
Miguel Ángel Gutiérrez Niego
Daniel Mallo Castro
María Pan Lesta
Diego Alcantarilla Rei
O novo goberno contará con 9 dedicacións exclusivas, unha exclusiva con retribución de medida dedicación, a do alcalde, e dúas por asistencias. A retribución para a alcaldía será de 35.000 euros, a de urbanismo de 40.000 euros e o resto de 29.000 euros.