UxC aprobou o pago de facturas e incluir a mellora do campo de Lendoiro no Plan de Obras e Servizos da Deputación
- O pleno, que no se puido seguir en streaming, comenzou cun minuto de silencio en memoria do edil socialista Miguel Ángel Gutiérrez, falecido recentemente, a petición de UxC
- Mallo lembrou ao goberno que hai formas máis áxiles de pagar facturas deste ano con contrato en vigor que é por resolución de alcaldía
- Pan propón axilizar a obra do campo de Lendoiro levandoo a un suplemento de crédito e evitar os tempos da tramitación da obra a través do plan de Deputación
O pleno extraordinario de Cambre comenzou, a petición de Unión por Cambre, cun minuto de silencio en memoria de Miguel Ángel Gutiérrez, o edil socialista finado recentemente e que participou no goberno de coalición UxC-PSOE na lexislatura 2019-2023.
Un pleno, que debido a problemas técnicos, non puido ser retransmitido por streaming e que se saldou coa aprobación dos dous puntos incluídos na orde do día: o pago a través dun Recoñecemento Extraxudicial de Crédito de 217.848,58 euros correspondentes a facturas de suscripción a El consultor de los ayuntamientos, unha publicación xurídica que usan os departamentos do concello; unha factura da anualidade 25/26 dos desbroces, a factura da instalación de alumeado de nadal e a factura da cabalgata de reis. Todas elas facturas que entraron no concello entre xaneiro e abril deste ano 2026 e que, o concelleiro de UxC, Daniel Mallo explicou que poderían ser aprobadas e pagadas por resolución de alcaldía de forma máis áxil, tendo en conta que a través de bolsa de vinculación para habilitar o crédito preciso. Non se entende que, en setembro, por moitas baixas e cambios que houbese en intervención, aínda non se fixeran as incorporacións de crédito de estes contratos que están executados e que debería pagar a alcaldesa por resolución de alcaldía, non necesitando acudir a pleno a través dun REC. A única explicación dada polo goberno e que é urxente pagar estas factura para poder garantir que se poidan seguir prestando os servizos.
Con este, tal e como lembrou o edil Dani Mallo, son xa 17 RECs os que este goberno levou a pleno dende que empezaron a gobernar en abril de 2025. Un mecanismo tan cuestionado polo grupo de Diana Piñeiro na oposición estase a converter na ferramenta habitual do goberno do PP para pagar facturas e manter os servizos, lonxe desas outras vías que tanto defendían na oposición.
UxC, seguindo coa súa consigna de que as empresas deben cobrar polos servizos prestado votou a prol, sendo o único partido que respaldou ao goberno neste punto cun voto favorable.
Campo de Lendoiro
Tamén a prol votou Unión por Cambre a solicitar a través do Plan de Obras e Subvencións unha subvención de 1.643.206,30 euros para levar a cabo o proxecto de mellora do campo de fútbol de Lendoiro, na Barcala, e a iluminación no campo de fútbol Dani Mallo, de Cambre.
O proxecto, elaborado por UxC, foi actualizado económicamente ascendendo na actualidade a 2.036.463,12 euros, polo que o concello terá que aportar a esta obra un total de 393.256,82 euros.
A voceira de Unión por Cambre, María Pan, afeou ao goberno que esta obra non esté xa executada cando dende alcaldía deron prazos xa pasados e lembra que, cando UxC deixou o goberno, o proxecto e os cartos precisos para licitar a obra e executada quedaron a disposición do novo goberno que, finalmente optaba por non sacar a obra a licitación en 2025 agotando así a validez do suplemento que aportaba os cartos precisos e aprobado en pleno en novembro de 2024.
Agora, despois de non cumprir tampouco coa palabra dada de que a obra ía facerse este verán, e que hoxe en pleno a alcaldesa negou que se dera dita data, vaise levar a través do plan provincial cuxa tramitación ten os seus tempos.
Pan preguntou directamente ao goberno se esta obra se ía a executar no verán de 2027 como se está escoitando pero o goberno simplemente dixo que se faría á maior brevidade posible.
UxC volveu a apostar na sesión plenaria a aprobar un suplemento de crédito a pleno e afrontar as obras con cartos municipais convencidos que así se acortarán os tempos e se aforrarán problemas de tramitación tendo en conta que o goberno tivo que renunciar a case todas as obras do POS 2024 porque a Deputación non deu por válida algunha da documentación aportada. Unha dúbida que hoxe tamén quedou sobre a mesa.




