Unión por Cambre vota en contra duns orzamentos que non cumplen coa lei
- Tal e como aclarou a interventora, os orzamentos non cumpren coa lei en relación aos créditos para pago de nóminas e seguridade social dos traballadores municipais nin co anexo de investimentos
- María Pan propuxo a alcaldesa deixar de lado estos orzamentos e poñerse a traballar conxuntamente nos orzamentos de 2027 para levalos a pleno antes de finalizar o 2026
Unión por Cambre votou hoxe en contra do orzamento municipal de 2026 por no cumprir coa lei, tal e como aclarou a interventora á preguntas da formación que lidera María Pan. O documento asinado por Diana Piñeiro non cumple coas esixencias da lei en materia de dotación de crédito para os pagos de nóminas e seguridade social dos funcionarios do concello de Cambre e tampouco no anexo de investimentos.
Ademais, tal e como argumentou a voceira de UxC, a catro meses do remate do ano estos orzamentos non teñen sentido ningún porque lonxe de solventar problemas, coas eivas que ten, comprometerían, no caso de prorrogarse, ao futuro goberno que saia tras as municipais de 2027.
“Non podemos apoiar uns orzamentos que no teñen presupuestado a totalidade do que fai falla para o pago de todos os gastos dos funcionarios e dun anexo de investimentos que non se axusta á legalidade” apunta Pan que propúxolle en pleno á Alcaldesa deixar de lado este documento e poñerse a traballar mañá mismo nun orzamento para 2027 consensuado politícamente, técnicamente ben elaborado e pensando nos veciños de Cambre.
Dende Unión por Cambre recomendáronlle á alcaldesa que cando se negocia faise cun fin e que acoller as propostas de tres partidos que despois non acada os votos a prol para sacalos adiante tampouco se pode dicir que é unha boa negociación. Neste senso, Pan afeou ao BNG que recolléndonlles as súas peticións se agochasen na abstención cando en varias ocasións invitaron á alcaldesa a presentar uns orzamentos que eles ían aprobar polo ben de Cambre. “Mágoa que polo ben de Cambre e do tecido asociativo, non tivera esa sensibilidade cando votou en contra dos orzamentos que presentou UxC en 2024 e 2025” apunta Pan moi crítica coa compra dun edificio na zona dos
Muiños da Barcala cando o primeiro que deberían facer, apuntou, e conservar o patrimonio municipal que hay como pode ser mellorar a Casa Palmeiras ou Vila Concepción ou mesmo facer o proxecto para a cuberta de Casas Bailly.
Na súa intervención, a voceira de Unión por Cambre, lembrou que os créditos das subvencións e dos investimentos non se podían prorrogar e ainda que preguntou que se ía facer nos catro meses que quedan de ano en relación con estos dous temas, non obtivo resposta.
“Non é certo que o voto en contra aos orzamentos paralice a vida do concello. De feito, seguen estando garantidos a través dos orzamentos prorrogados de 2024 tanto o mantemento dos servizos aos veciños como o pago das obrigas que ten que facer sí o sí o concello dende nóminas ou pago das cuotas das escolas infantís, algo para o que tampouco se recollía partida neste documento presentado hoxe a pleno” apuntan dende UxC que defenden que o pago de subvencións anteriores sí se pode afrontar tras a liquidación orzamentaria de 2025 e que outras actuacións que poidan sacar de aquí a fin de ano, poderían sacarse adiante con suplementos de crédito tras a liquidación en donde tamén se podería encaixar actuacións como a mellora do campo de Lendoiro ou a cuberta da pista polideportiva de Sigrás proposta por UxC.
Pan tende a man á Alcadesa de Cambre para poñerse a traballar xa nos orzamentos de 2027 donde se pode poñer outra vez enriba da mesa a suba dos importes ás asociacións e mesmo actuacións solicitadas por todos os partidos para garantir un orzamento plenamente legal en donde, ademais, se recollan os créditos reais que fan falla para servizos como a limpieza de colexios, actividades deportivas ou mesmo o Rock in Cambre que tamén aparecía presupuestado por debaixo do coste real.





