As trece cuestións non respostadas no pleno extraordinario
Unión por Cambre difunde íntegramente a intervención prevista para o pleno de hoxe para coñecemento de toda a cidadanía. Por como se estableceron os tempos, as intervencións tiveron que ser acortadas e resumidas polo que creemos, que é de interés para a toda a veciñanza o que alí pretendíamos expoñer así como a motivación que nos levou a solicitar este pleno extraordinario no que, por certo, renunciamos públicamente ao cobro das correspondentes asignacións, tal e como se decidiu en asamblea de afiliados o pasado 19 de maio.
Motivación da petición do pleno extraordinario
Nas últimas semanas fíxose público un grave problema que está afectando a numerosas familias deste concello pola mala xestión que está a facer este goberno da área de Servizos Sociais o que está supoñendo que moitos usarios do Servizo de Axuda no Fogar estén a pasar días complicados e non exentos de dor. Este foi a gota que colmou un vaso cheo de anuncios, falsas informacións en prensa sobre multitud de áreas que están facendo que moitos veciños e veciñas estén a vivir situacións moi complicadas. Se os servizos sociais deixaron de ser prioritarios para este goberno, a Axencia de Desenvolvemento Local está desmantelada, o departamento de obras e servizos está totalmente mermado, non hai interventora habilitada, cada día medran as baixas laborais e os servizos municipais lonxe de mellor neste ano de goberno, foron a peor.
É por iso, e ante a calada por resposta que está a dar este goberno a case todo, consideramos que a alcaldesa e os seus concelleiros de goberno deben rendir contas ante o pleno local dando explicacións sobre a situación actual do concello. Levan 13 meses que Cambre precisa saber por qué lonxe de mellorar a situación deste concello empeora cada día máis.
Primeira intervención
Bo día a todos e todas
Aquí ten a renuncia por escrito dos concelleiros e concelleiras de UxC a cobrar as asistencias deste pleno, tal e como o decidimos na asamblea que se celebou o martes no Graxal. Pena que esta idea non se lle ocorrese cando era vostede a que pedía os plenos extraordinarios estando na oposición, nos houbésemos aforrado tamén algúns euros.
Nós non pedimos plenos extraordinarios para cobrar; pedimos este pleno extraordinario para forzala a dar explicacións públicas ante un montón de temas que non obteñen resposta. Nos plenos ordinarios, tanto nós como o resto de grupos, traemos moitas veces rogos e preguntas que non se responden, que se nos responden cousas que pouco ou nada teñen que ver co plantexado e cando pretendemos unha moción para o debate político e posicionamento no pleno ante temas de interés local, sorpresa, a moción non é moción e non se pode debatir. Por iso, sí é necesario este pleno.
Dito esto, quero empezar cunha frase súa en relación coa petición de este pleno que dixo era “unha falta de respecto e un insulto aos veciños e veciñas de Cambre”. O que é unha falta de respeto e que fale vostede de grave situación económica que sufre o concello, cando vostede asinou en varias ocasións meter 22 millóns de euros públicos a prazo fixo? Problema económico? Non será máis ben que o problema é un goberno incapaz de xestionar todo o que quedou enriba da mesa??
Ai, non!! Pobres!! , que vostedes viñan a salvar Cambre e lles pasou un pouco como Ayuso, que nadie os protexe, que ninguén lles axuda, que están soiños… pobriños… claro, vostedes descoñecían por completo o que aquí pasaba aínda que tiñan liña directa e reunións privadas en certos despachos deste concello. E tiñan solucións legais, e sabían o que había que facer… o que non sei é si cando colleu o bastón de mando, se lles esquenceron todas porque lonxe de mellorar, este concello está cada vez peor.
Propóñolles unha dinámica para este pleno, cambiemos o “imos a contar mentiras trailará” a “imos a contar verdades”, a ver si o conseguimos. Eu conto as mentiras que vostedes contaron, e vostedes nos contan como van solventar os problemas que lles vamos a plantexar. Empezamos.
Primeira mentira. Contatación de servizos básicos. Era o prioritario. Cantos saíron nestes 13 meses? Ningún.
Quedoulle aprobada a continuidade de servicios esenciais como a Auga, alumeado público e limpieza viaria. Sacou os contratos novos? Non.
Por certo, limpeza de instalacións municipais. Saben que declarou a emerxencia sanitaria e asinou o contrato de emerxencia con Tragsa?? UxC co seu voto en contra. Licitou un novo?? Noooo, están en ello e mentras tanto siguen tirando do contrato de emerxencia que votaron en contra.
Segunda mentira. Recoñecemento Extraxudicial de Crédito. Non, vostedes tiñan outras alternativas para o pago de facturas que sí eran legais. Chamábase revisión de oficio e liquidación. Cantas liquidaron?? Tres en trece meses pero dende decembro de 2025, voulá, decidiron que case mellor volver a eso que tanto criticaron. Eso que era ilegal, que tiña informes negativos das habilitadas e que se chamaba Recoñecemento Extraxudicial de Crédito. Esto que vostedes votaban en contra e que ahora levan xa máis dunha ducia e veñen máis en camiño.
Terceira Mentira. O goberno do PP encheu de traballadores o concello. Ao parecer están os departamentos a rebosar. A Servizos Sociais incorporaronse recentemente novos traballadores???.
O que fixeron foi mover traballadores dun lado para outro, desmantelando departamentos como a Axencia de Desenvolvemento Local, Servizos Sociais, Obras e Servizos. Por certo, pódenme dicir se hai algún departamento a pleno rendemento nestes momentos?
Puxeron de coordinador dun área tan sensible ao coordinador de Cultura, Deportes e Xuventude; trouxeron a unha auxiliar administrativa que quitaron da Axencia de Desenvolvemento Local, cando todos saben que a mellor opción era outra, e colleron outra para sustituir unha baixa un mes despois da mesma. Incorporaron tamén aos dous administrativos que veñen a través do POS da Deputación con tres meses de retraso. Solución rápida e urxente donde as haxa.
Una pregunta que deixo, a ver se alguén ten a ben contestala. Quen vai facer as funcións das Traballadores sociais de baixa? Por certo, a concelleira con adicación exclusiva, que fai?
Cuarta mentira. Policía Local. Vostede, o PP, tiña na oposición a solución máxica para traer axentes para Cambre e van e perden un dos que estaba, menos mal que se lles incorporou un que estaba de baixa para equilibrar. A solución máxica son convenios para eventos extraordinarios? Vostede sabe que era Cambre o que acudía a axudar a concellos en ditos eventos pero Cambre tiña cuberto o servizo 24/7?? E en días normais, cal é a solución? Imos ter policía en horario de tarde e de noite un día normal sen eventos extraordinarios?
Sabemos que está de camiño a solución real, un novo asesor moi próximo a vostede que xa está a vender públicamente a solución alí por donde pasa. Ao final con tanto amigo e familiar no goberno é normal que pense que esta é a súa casa e pode facer e desfacer o que lle da a gana, eso sí, con permiso de quen a dirixe.
Quinta mentira. Urbanismo. Plan xeral non, plan xeral sí. Dende hai 13 meses non se avanzou nada no plan xeral de Cambre que está aprobado inicialmente. Sra. Alcaldesa, cal é a súa previsión? Quere tumbar o plan xeral aprobado inicialmente? Por certo, e as licencias de obra como van? Sabe que hai veciños que levan un ano esperando a licencia para poder facer a súa casa e vir a vivir a Cambre? De disciplina urbanística nin falamos, non?? De vixiar obras, recheos previsiblemente ilegais e sancionar, xa para outro día, non? E que me dí das modificacións puntuais do Seixal, Casas Bailly, Portofaro ou a UE8?? A claro que agora como queremos ser como Oleiros igual toca doblegar e non desenvolver estas actuacións que traería riqueza para Cambre? Menos mal que vostede, que é a que máis preparada está, asumiu persoalmente esta área xunto coa de policía e emerxencias…
Sexta mentira. A aposta pola ensinanza pública. E volve a sair na prensa nunha reunión cos representantes da Xunta. Lembra que xa o fixo en outubro de 2025?. Ia a arranxar varias cousas en Brexo-Lema e en Sigrás. Despois dixo que aquelo solo era unha primeira toma de contacto e que tiñan que volver. Agora volveron a reunirse, pero cando vai a Xunta executar as obras pendentes dende hai anos nos colexios de Cambre?
Por certo, sacou á concelleira de educación e ao concelleiro de deportes dos Consellos Escolares, para asumilos vostede persoalmente e resulta que despois, chega un como o do Portofaro, e non vai. Alí tamén precisan actuacións, e algunhas ben importantes que ten que asumir a Xunta. Están garantidas?
Sétima mentira. Estaba vostede preocupadísima polas asociacións. A preocupación é tal que leva dende xaneiro retendo en Alcaldía un escrito que un conxunto de asociacións lle pediron que o fixese chegar ao resto de partidos da corporación. A súa relación co asociacionismo en Cambre está cheo de altos e baixos; de promesas e ameazas ou, como dí vostede, recomendacións; de reunións en donde o único que escoitan é o malos que son estos de UxC. Propostas de actuación, pola súa parte cero, salvo con algúnhas máis afíns que se levan algún que outro apaño ata que alguén se da conta da trapallada feita e ten que rectificar. Regulou o Rexistro Municipal de Asociacións? Avanzou algo cos convenios pendiente de sinatura coas ANPAs, Sementeiras, Clubes deportistas??
Vai incrementar o importe das subvencións ás entidades? Para ir aclarando porque no borrador que temos do orzamento non aparece ese incremento
Oitava mentira. Avanzamos en materia económica e financieira. Perdemos subvencións, pagamos xuros por impago das cuotas da Seguridade Social, do IRPF e do IVE. Non presenta en tempo e forma a conta xeral. Non fai a liquidación nin ten preparados os orzamentos de 2026. Para cando era todo isto? Para abril, para maio??? Por certo xa pedimos non sei cantas veces o importe total pagado por recargos e intereses polo pago fóra de prazo dos impostos que ten que pagar o concello. Cando nolo van dar?
Pecharon 2025 con 7.698.129,42 euros de débeda, dous millóns máis que en decembro de 2024. Que débeda hai actualmente?
Novena mentira. Galaicoi sí, Galaicoi non. O ano pasado que estaba todo listo en licitación, cancelou a tramitación para pagar ás ANPAs. Este ano di que o vai levar no orzamento primeiro, despois que non, ahora que sí pero que non se vai facer porque non da tempo e hai que destinar os cartos a outras prioridades. Galaicoi non, dígao claro porque vostede non está aquí para facer festas,!! Non era así señora alcaldesa?? Pero ollo que no orzamento aparecen cartos para unha nova romería
Décima mentira. Transparencia!! Ser transparente é non responder nin as preguntas nin os rogos que se presentan en comisións e pleno pero as que lle chegan por rexistro tampouco?. Ainda estamos á espera de informes como o da rúa do Rocón que pedimos en abril de 2025 e o informe técnico que avala a tala das 27 árbores do campo da Feira que foi enviado ao Consello de Patrimonio que se pediu a principios de ano e aínda non chegou. Si, mandaron outro, pero non era o que pedimos. Traspapelouse??? Igual lle pasa como a esos escritos que levan a calada por resposta de veciños, asociacións, empresas e funcionarios deste concello.
Ve como facía falta este pleno?
Undécima mentira. Diálogo e transparencia coa veciñanza e coa Corporación.
No pleno de abril tentouse silenciar a voz dunha usuaria do SAF, pero finalmente puido falar e deixar o seu testimonio gravado. Vostede dixo descoñecer o problema que había co Servizo de Axuda a Domicilio, de verdade que non lle constaban que había problemas? Ahora sábeo, falou cos usuarios? Reuniuse coas familias afectadas? Que está a facer para solucionar o problema? Estase supervisando o traballo da empresa?
Podemos garantir unha atención axeitada aos veciños que precisen nestes intres da atención de Servizos Sociais?
Duodécima mentira. Colaboración e traballo conxunto para un tempo de transición. Eso o díxo vostede o 21 de abril de 2025 cando colleu o bastón de mando.
Por que segue sen facer cumplir unha moción aprobada por este pleno para informar a solución proposta por UxC para o pago da débeda da EDAR de Bens. Ainda que non esté dacordo co que se aproba en pleno, sabe vostede que ten que cumplilo, non? Por qué non convoca a comisión do plan xeral que levamos pedido non sei cantas veces creo que todos os partidos? Por certo, tardou nin máis nin menos que case tres meses en acatar o acordo plenario polo que se aprobaron dúas liquidacións polo importe íntegro das facturas. Non quero pensar á alcaldesa de Cambre, que tanta colaboración e axuda pide cando lle convén, lle costa moito executar os acordos plenarios que nacen de propostas que non son súas.
Por que non se acatan certos acordos plenarios?
Decimoterceira mentira. Diálogo constante cos traballadores deste concello e acordos . Hai paz social e bo feeling co funcionariado. Ten vostede unha visión tan particular que non a comparte prácticamente ninguén. Baixas en porcentaxes nunca vistos, fuga de traballadores cara a outras administracións, sin avance na RPT nin na Carreira Profesional que tanto anunciaron e mesmo problemas co cobro das produtividades que dixo, recentemente que non precisaba modificar o regulamento e agora parece que xa mudou de idea.
Cando foi a última reunión oficial cos representantes sindicais? Que avances se fixeron?
13 meses. 13 grandes mentiras.
A única verdade de estos trece meses é que fotos e anuncios houbo un feixe. Agora materializar o anunciado eso xa é outra cantar. Por certo, xa sei que lle interesa moito o convenio do Mero, por qué non lle vai esixindo a Augas de Galicia que cumpra coas súas obrigas de mantemento e que poña mans á obra para arranxar todas as pontes cerradas que están así polo prácticamente nulo mantemento que fixo en máis de 20 anos. Non quero pensar que se está a pechar todo para tentar meternos doblado un convenio que vai hipotecar o futuro de Cambre.
Espero que vostede, e os seus tres concelleiros, sempre e cando lles deixe falar, poidan explicar qué solucións se van a adoptar de forma urxente para solventar, alo menos, as cuestións aquí plantexadas. En base a eso, farei a miña segunda intervención.
Segunda intervención
Mire, vostede leva aquí algo máis dun ano. E está aquí porque quixo. Ninguén a obrigou. Vostede está aquí porque quería ser a alcaldesa. E foino, aínda que non a elexiron os cambreses. Eso tocará dentro dun ano.
E sí, vostede é alcaldesa. Pero, non se ofenda, é unha alcadesa de palla ou é unha alcaldesa que defende ao seu pobo por riba de todo? Da solución aos problemas ou está máis centrada en non sair do camiño que lle marcaron?. E que, observándoa, parece que vai a salto de mata tapando buratos e culpando a estos malos de UxC de todo. E claro, un ano así xa non cola.
Non sei. Eu non creo que non saiba o que ten que facer. Non creo que queira ter os problemas que ten, por iso non entendo o que está a facer ou mellor dito, está deixando de facer.
Non quero pensar que non lle deixan xestionar este concello como vostede cree que debería facelo, porque é veciña de aquí, porque se criou aquí e porque está orgullosa do concello ao que pertence. Por iso non entendo que todo o que tiña pensado facer cando estaba na oposición non se leve a cabo agora que ten vostede o poder de facelo. Por iso non entendemos o que está a pasar en Cambre? E tampouco aproveitou este pleno para explicarnos a verdade.
Que o concello esté sen persoal, que os servizos esenciais sigan sen contratar, que os Servizos Sociais que foron pioneiros en moitos ámbitos estén prácticamente destruidos, que o corpo da Policía Local sega sen levantar cabeza, que non saían adiante as obras do POS, que non sexa capaz de rematar o Ramón Barba nin abrir a piscina da Barcala, que o campo de Lendoiro teña que volver á pasar a tramitación que UxC deixou lista para poder licitar, que a Conta Xeral non se presentase en tempo e que a estas alturas nin esté a liquidación nin tampouco o orzamento municipal de 2026, non creo que sexa o que vostede quere pero sí é consecuencia da súa xestión.
Pero se eso non avanza o que sí non perde coba para estar sempre co mesmo conto de lo malos que son los de UxC y lo “imputada” que está a súa voceira. E non o entendo.
Mire, vostede é licenciada en dereito, non?. Por iso entendo que defenderá por riba de todo o principio fundamental da presunción de inocencia. Digo, porque o outro día nunhas declaración súas á prensa deume a impresión de que dixo que como eu pido explicacións se son a que estou imputada. Pero eu non creo que vostede dixera iso. Vostede é avogada e sabe perfectamente que estar “imputada” non impide exercer a labor de fiscalización e control ao goberno que teño como voceira do partido con máis representación na Corporación Municipal?
Vostede, como avogada de dilatada carreira, debería usar mellor os conceptos porque, ás veces, parece que está xuzgando vostede a UxC e iso non está ben, porque vostede aquí só é a alcaldesa de Cambre, por certo non elexida nas urnas, e non lle toca nin xuzgar nin facer de fiscal.
E como Alcaldesa, vostede e o seu goberno deben rendir contas alí donde llas pidan. Vostede está xestionando un orzamento municipal, cartos públicos, está xestionando unha administración pública e debe rendir contas aos veciños e tamén a corporación local, ainda que non lle guste porque, a soberanía, señora alcaldesa, reside no pobo. En ninguén máis. E a súa obriga, por riba de todo, é defender Cambre. Unha mágoa que non usase este pleno para demostrar, dunha vez por todas, que vostede está con Cambre por riba de todo. Unha mágoa porque o día que o faga, unha servidora, aplaudiralle esa valentía.





