Unión por Cambre denuncia o desmantelamento de servizos municipais mentras o posto...

Unión por Cambre denuncia o desmantelamento de servizos municipais mentras o posto da interventora págase por triplicado sen estar ao 100%

O goberno do PP de Cambre, sostido polos dous concelleiros de AV, está a desmantelar por completo os servizos públicos municipais. Primeiro o fixo co departamento de Obras e Servizos, eliminando o departamento en sí e disgregando ao pouco persoal con que conta o servizo, en diferentes espacios do concello, deixando relegado a nada un do servizos esenciais do Concello de Cambre que se ocupaba da atención aos veciños e veciñas en relación con servizos tan esencias como poder ser o alumeado público, a recollida de lixo ou o mantemento de rúas e mobilidario urbano. A aplicación Avisos Cambre leva tempo sen funcionar e á atención veciñal que se prestaba a diario mermouse considerablemente ante a falta de medios persoais e materiais para facer fronte a esas demandas.

Nestes momentos, sigan vacantes o posto de xefe de área de Obras e Servizos e o do enxeñeiro industrial.

Seguindo con esa política de desmantelamento dos servizos municipais, neste ano de goberno PP-AV, a Axencia de Desenvolvemento Local quedou tamén relegada a nada. Sen cursos de formación, sen obradoiro de emprego e agora sen parte dos seus traballadores ao destinar a dúas A1 deste departamento a suplir as carencias que hai tanto en intervención (unha ocupa o postos de Interventora tras a baixa da titular e a concesión do permiso de estudos á suplente que cumpre as súas prácticas na Deputación da Coruña cobrando do concello de Cambre) e outra A1 está nestes momentos ocupando o posto de xefe de Urbanismo e Réxime Interior, tras a baixa do titular e do suplente do titular.

Así as cousas, hoxe Cambre xa non ofrece cursos de formación para veciños e veciñas en situación de desemprego para fomentar o acceso ao mundo laboral así como o servizo de atención e orientación laboral que se viña prestando na Axencia dende hai anos, o que obriga aos veciños e veciñas desempregados de Cambre a desplazarse a outros concellos para recibir ese servizo de orientación laboral.

E como non hai dous sin tres, o último departamento que está a ser desmantelado polo goberno cambrés do PP e AV son os Servizos Sociais, en donde á falta de personal, súmase dende hai días a falta de servizo de internet e medios técnicos que imposibilitan a atención aos veciños e veciñas, que neste caso, son persoas con situacións na maioría dos casos de vulnerabilidade. “Neste momentos é imposible garantir a atención telefónica en Servizos Sociais porque os medios técnicos municipais non están funcionando. A solución proposta polo goberno do PP é que os funcionarios traían os seus propios portátiles e traballen con eles, algo surrealista. Estamos chegando a un punto que, lonxe de solventar os problemas como tanto prometeron dende a oposición, os están xerando a unha velocidade vertixinosa”, apunta a voceira de Unión por Cambre, María Pan.

Nestes intres, en Servizos Socias contan cun auxiliar administrativo e un traballador social menos o que está lastrando tamén a atención á veciñanza máis vulnerable.

Tres soldos de interventora e a cadeira baleira

A este caos organizativo, súmase a perda de persoal que no último ano foi a máis en Cambre con baixas sen cubrir, fuxida de interinos a outros concellos e departamentos cada vez máis mermados e sen capacidade de resposta. O exemplo máis claro é o de intervención. O departamento, que conta agora con un técnico menos, tras a marcha dun interino para outro concello, está a punto de colapsar mentras o concello de Cambre soporta o pago de tres soldos a tres persoas que no están operativas ao 100% deixando un posto clave como este, que é o eslabón fundamental para acabar co problema de impagos en Cambre, nunha situación de media pensión.

A interventora titular acumula meses de baixa e preguntado pola súa volta ao concelleiro de Economía e Facenda non é capaz de establecer un calendario para que o posto sexa cuberto pola titular; desígnase unha suplente, agora en prácticas na Deputación, tras aprobar o posto de interventora, tras concedérselle un permiso de estudos mentras segue cobrando do Concello de Cambre, e para cubrir esa nova baixa por estudios, moven a unha técnico A1 da Axencia de Desenvolvemento Local ao posto de Interventora asumindo que non ten a formación específica e precisa de asesoramento da titular para poder avanzar e mentras tanto os expedientes chegan a pleno sen informes concluintes, se levan a pleno RECs de dubidosa legalidade, non se paga de forma inmediata unha sentencia xudicial e as facturas seguen acumulándose no departamento de intervención.

“Os que tanto criticaban o caos de intervención estando na oposición son os que converteron este departamento nun circo en donde nin eles mesmos son capaces de votar en pleno a favor das súas propias propostas e donde a alcaldesa do PP de Cambre mesmo tenta deixar en evidencia a quen ocupa o posto de interventora no último pleno municipal” sinala Pan Lesta, que sigue preguntándose porque non se cubre o posto da interventora cun interventor/a por acumulación ou se tira da lista da Xunta de Galicia antes de manter unha cadeira baleira pero que nos está costando tres soldos e deixando que unha técnica deixe de prestar as súas funcións donde realmente lle corresponde.

Un departamento que nestes intres acusa a falta dun dos técnicos A2 e dunha administrativa.

“Mover funcionario dun sitio para outro, desfacer un departamento para tentar vestir outro con persoal que non ten a formación para elo non é avanzar nin solventar a problemática de persoal que hai en Cambre nestos momentos. O goberno do PP, apoiado pola connivencia de AV, está convertendo este concello nun circo donde vense movementos extraños pero nada se move realmente”.

Aos postos vacantes sinalados, súmanse unha animadora xuvenil na Omix, unha técnico A2 en cultura, un bibliotecario, dúas técnicos A2 en secretaría, un administrativo en tesourería, o técnico A2 de réxime interior, o técnico A1 de urbanismo e o xefe de área de urbanismo e réxime interior.