Cambre adeuda 6 meses á Seguridade Social

Cambre adeuda 6 meses á Seguridade Social

  • En outubro pagouse a cuota de xuño cun recargo de de 5.806 euros e uns xuros de 18,93 euros
  • Seguen sen pagarse as cuotas de abril, maio, xullo, agosto e setembro.
  • Tampouco se ten ao día o pago do IRPF

O concelleiro de Economía, Rubén Vázquez, recoñeceu no pleno de outubro que o Concello de Cambre non está ao día do pago das cuotas da Seguridade Social nin do IRPF. En concreto, adeudanse as cuotas de abril, maio, xullo, agosto e setembro en concepto de Seguridade Social polo que o concello terá que facer fronte a pago de recargos e intereses, tal e como pasou coa cuota de xuño que se abou por resolución de alcaldía de data 24.10.2025.

En relación co retraso no pago da cuota de xuño, o concello tivo que aboar xa un recargo de 5.806 euros que sae dos bolsillos de todos os cambreses por no facer a liquidación correspondente cando tocaba. Dende UxC insisten no caos que hai na área de Economía e Facenda dende o momento que se paga a cuota de xuño e non a dos meses de abril e maio que son anteriores e están xerando, polo tanto, un maior recargo e un importe superior en xuros.

Vázquez tentou sinalar á falta de persoal como o motivo polo que non estaba a contabilidade ao día e que iso estaría a afectar tamén a liquidación do IRPF que o concello ten que facer trimestralmente e que o último pago que se fixo foi con data 16.04.2025 relativo ao IRPF de marzo de 2025.

Dende Unión por Cambre tiveron que insistir na pregunta en sesión plenario visto as excusas do concelleiro que non estaba respondendo concretamente á pregunta formulada sobre se o concello está ou non ao día das súas obrigas tributarias.

Estos impagos, ademáis de estar xerando intereses e recargos que haberá que asumir con fondos públicos de todos os cambreses, tamén pode repercutir na perda de subvencións xa que unha das condicións para poder optar a calquer tipo de subvención é ter débedas tributarias.

“Non hai goberno, todo está manga por hombro. Non poden nin calcular o período medio de pago a proveedores porque non teñen a contabilidade ao día, tal e como explicou en comisións informativas o concelleiro de Economía e Facenda. Hai un descontrol total e absoluto. Ao sr. Vázquez quédalle grande esta concellería e lonxe de arranxar e poñer solucións aos problemas de impagos de Cambre ante empresas e incluso deixando de cumprir coas súas obrigas tributaria, só adica o tempo a poñer excusas e botar a culpa ao goberno de UxC despois de seis meses ao frente da concellería na que, por certo, tamén se encarga do persoal municipal ”, apunta a voceira de UxC, María Pan.

Pan Lesta esixe ao responsable local de Economía e Facenda seriedade e responsabilidade no seu traballo porque que Cambre non pague nin á Seguridade Social é algo inaudito e podería estar acarreando problemas á hora de percibir subvencións doutras administración.

“Cando estaban na oposición daban leccións de legalidade para abordar os problemas de Cambre e dar solucións e seis meses despois de entrar no goberno, non son capaces nin de cumprir coas obrigas tributarias que ten o concello. Este é o caos do goberno de Diana Piñeiro”, conclúe Pan.