O Pleno aproba iniciar expediente para un suplemento de crédito e modificación das bases de execución dos orzamentos para o pago de subvencións que propuxo UxC
- Unha moción propuxo ao pleno aprobar un suplemento de crédito e a modificación das bases do orzamento para tentar solventar a situación do tecido asociativo, ante a ausencia de propostas por parte do grupo de goberno
- A proposta, que agora é inicio de expediente para os informes oportunos, terá que volver a pleno na primera quincena de novembro para a súa aprobación inicial
- A proposta contou cos votos a favor de Ux, PSOE, AV e concelleira non adscrita. PP e BNG abstivéronse, despois de tentar que quedase sobre a mesa
Unión por Cambre levou a pleno unha moción urxente ao para poñer enriba da mesa unha solución ao problema que está a vivir o tecido asociativo en relación co pago de subvencións e convenios. A súa aprobación, cos votos a favor de UxC, PSOE, AV e concelleira non adscrita, supón o inicio de expediente para pedir os informes perceptivos para a súa aprobación inical na primera quincena de novembro dun suplemento de crédito e da modificación das bases do orzamento.
A proposta recolle a aprobación dos inicios de expedientes de un suplemento de crédito por importe de 1,3 millóns de euros en donde se recollen tanto as anualidades anteriores como a de 2025, tendo en conta que ao estar Cambre con orzamento prorrogado, non están habilitados tampouco os créditos de 2025.
Xunto co suplemento de crédito, a moción de UxC propón a modificación das bases de execución do orzamento prorrogado para acoller as anualidades anteriores dos diferentes convenios nominativos ou subvencións de libre concurrencia, así como modificacións para tentar reducir a tramitación dos procedementos, con cambios que xa se recollían nas bases do orzamento de 2025 que no se aprobou en abril. Nesas bases, recollíase a posibilidade de poder avanzar na tramitación de convenios posteriores aínda que a xustificación de fondos da anualidade anterior non estivera pechada porque a lei só prohíbe facelo se hai expediente de reintegro aberto, no resto dos casos non.
Agora, engádese ademais, introducir a figura do anticipo no pago das subvencións asi como instar a intervención que cumpra co acordo plenario da aprobación do regulamento de fiscalización limitada previa que o concello de Cambre ten aprobada dende 2020. Esto permite que o que se ten que comprobar a priori por intervención son uns puntos moi concretos antes de pagar pasando a fiscalización plena durante o posterior control interno. Esto permitiría ás entidades contar co ingreso aínda que, de non poder xustificar no seu momento os gastos, estarían obrigadas a reintegrar a parte non xustificada.
Dende UxC agradecen aos grupos municipais que respaldaron a moción, a importancia de deixar de lado as cores políticas e buscar solucións a un problema real ao que o goberno so sabe poñer excusas e botar a culpa ao goberno de UxC pero non aportar a solución ao problema.
A proposta, que se presentou in extremis ao ver que o goberno de Diana Piñeiro non levaba ningunha solución a pleno, deberá ser aprobado nun pleno posterior, de ahí a declaración de urxencia dos expedientes para que os tempos de informe que establece a lei se recorten de 10 a 5 días.
O obxectivo último é que o suplemento entre en vigor antes de final de ano para poder garantir os fondos necesarios para o pago de todo o atrasado cuxos expedientes estén informados e así, pagar o que se poida de aquí a fin de ano.
Os que non poidan pagarse antes do 31 de decembro de 2025, terán a garantía que o suplemento é de incorporación inmediata polo que garantízanse os créditos para poder saldar a débeda a principios do ano que ven en canto os expedientes estén conclusos.
A voceira de Unión por Cambre, María Pan, agradece o apoio aos grupos que souberon escoitar as demandas das entidades locais e que deron o seu voto a favor. “ A nosa obriga, como representantes dos veciños e veciñas, é poñer solucións enriba da mesa ainda que estemos na oposición. Agradecer a PSOE, AV e Elena o voto a favor desta moción. O paso importante está dado. Ao goberno de Diana Piñeiro, tócalle facer cumplir este acordo plenario para que o que é viable técnica e legalmente, se faga efectivo en Cambre. Xa non hai excusas nen facerse as vítimas. Démoslle a solución, que a executen. Esa é a súa obriga”





