O departamento de Obras e Servizos de Cambre acaba de sumar un novo coche á súa frota de vehículos. Con esta nova adquisición, o Concello súmase ao movemento ECO, apostando por utilizar vehículos máis respectuosos co medio ambiente.

O novo automóbil tivo un custo de preto de 15.000 euros. Trátase dun Dacia Duster, un todocaminos gasolina que funciona, ademais, con gas GLP. O alcalde, Óscar García Patiño, e varios técnicos municipais do departamento de Obras e Servizos recibiron hoxe o novo vehículo, que foi entregado pola empresa Caeiro.