A Casa da Cultura avanza a bo ritmo

A Casa da Cultura avanza a bo ritmo

Pouco a pouco, a Casa da Cultura de Cambre vai tomando forma e xa se pode intuir a forma do edificio que se convertirá no epicentro cultural do concello.

As obras, que estarán rematadas a vindeira primaveira, avanzan a moi bo ritmo. A obra, unha vella demanda veciñal, foi impulsada polo goberno de García Patiño que, dende sempre, apostou por esta infraestructura que permitirá ao concello dispoñer dun espazo que acolla a actividade cultural que se desenvolve no municipio.

Este proxecto, tal e como explicou no seu día o alcalde Óscar García Patiño, “é unha obra moi demandada polos veciños que nunca desfrutaron dun espazo público cuberto específicamente destinado a albergar concertos, teatro ou congresos”.

As obras, cun orzamento de 1,3 millóns de euros, contan cunha financiación provincial de 260.000 euros, e servirán para dotar a Cambre dunha biblioteca en condicións e un salón de actos con capacidade para 300 persoas. O edificio, situado no cruce das rúas Pumar Méndez e A Castellana, tamén albergará o arquivo municipal.

Nesta lexislatura finalizarán as obras facendo posible o traslado da biblioteca central ao novo edificio gañando máis espazo para a cultura e a lectura e liberando espazo no Centro de Saúde. Con este traslado, o goberno de Cambre aforrará os 80.000 euros anuais que paga ao Sergas polo uso do espazo no centro médico e poderá esixir á Xunta melloras sanitarias que tanto urxen no municipio.