A praza da rúa Balado dará continuidade ao Campo da Feira

A praza da rúa Balado dará continuidade ao Campo da Feira

Co obxectivo de crear calidade urbana, ter máis espazos públicos e mellorar a accesibilidade no centro de Cambre, o goberno de García Patiño levou a cabo o derrube de dúas casas que taponaban o acceso á rúa O Balado. Nestes días comenzaron os traballos para derrubar a terceira vivenda afectada que se atopa a carón da estrada de Cambre- O Temple.

Con esta actuación, UxC cumpre cunha vella demanda veciñal que “estaba nun caixón e que sacamos para mellorar Cambre velando polo interese xeral”, tal e como explicou no seu día o primeiro edil cambrés.

Unha mellora que servirá para dar continuidade ao espazo público que conforman actualmente o Campo da Feira e o campo da Feira Pequena de Cambre que, co proxecto que se vai desenvolver, estarán conectados a través dun paso peonil sobreelevado que atravesará a AC-214 e conectará coa praza que se vai construir na rúa Balado.

Con este proxecto, o goberno que preside García Patiño, creará unha praza con dúas zonas diferenciadas, a norte e a sur, unidas por unha senda de 10 metros de ancho. As prazas contarán con bancos, papeleiras e luminarias ademáis dunha franxa verde intermedia na que se prantarán fresnos americanos. O pavimento da praza será de lousas e franxas de formigón intercalados. Na nova praza tamén se ubicará unha parada de autobús, mellorando así a circulación no centro de Cambre.

Unha nova praza que se suma, así, a zona verde que se abriu aos veciños hai uns meses na Horta da Igrexa. UxC está empezando a mudar o centro de Cambre.