García Patiño esixe á Xunta solucións para os problemas de tráfico da...

García Patiño esixe á Xunta solucións para os problemas de tráfico da rotonda do Paraugas e da de acceso á AP-9

Hai tres anos, dende alcaldía propuxeron á Xunta a creación dunha turborotonda no Paraugas, hoxe aínda segue esperando unha resposta.

Ante a ausencia de respostas por parte do executivo autonómico, hai un ano leva o alcalde de Cambre solicitou unha solución á Axencia Galega de Infraestructuras da Xunta para os problemas de tráfico que hai na rotonda do Paraugas e na de acceso á AP-9 no Temple.

O 24 de maio de 2018, dende alcaldía do concello de Cambre enviouse un escrito á Xunta solicitando un estudo sobre unha posible reordenación do tráfico nas rotondas do Paraugas e no acceso á AP-9 no Temple. Nese escrito, explicábase que os veciños se queixan dos problemas que xurden habitualmente entre conductores nas rotondas ademáis de que, empresas de transporte tamén manifestaron ao concello a súa disconformidade coa actual regulación das rotondas que ocasionan importantes atascos.

Nun ano, Cambre non recibiu resposta da Xunta e por iso, o pasado 11 de abril reiterouse a solucitude por parte do alcalde, Óscar García Patiño, que insta á Xunta a tomar cartas no asunto e buscar unha solución para os problemas de tráfico que cada día xurden en torno a estas rontondas.

Un problema que, apunta Patiño, non só afectan aos veciños de Cambre senón tamén aos dos concellos limítrofes que usan a estrada que vai dende a Costa da Tapia á Coruña pasando polo Burgo ou os que acceden ou saen da AP-9 na saída do Temple.