Unión por Cambre gaña as eleccións municipais

Unión por Cambre gaña as eleccións municipais

Unión por Cambre, UxC, gañou as eleccións municipais o pasado domingo, despois de acadar 3.900 votos e 8 concelleiros. Un resultado que reflexa a aposta da veciñanza de Cambre polo proxecto local que impulsa o partido de Óscar García Patiño.

UxC consolídase así como a forza máis votada, gañando tres concelleiros en relación á pasada lexislatura.

Desde Unión por Cambre agradecen todos os apoios recibidos e comprométense a gobernar para todos os cambreses e cambresas, defendendo en todo o momento os intereses da veciñanza.

Grazas!!