En marcha as obras da praza 1º de maio da Barcala

En marcha as obras da praza 1º de maio da Barcala

Comenzaron as obras de reforma da praza 1º de Maio de A Barcala, que suporán a mellora dos 4.587 metros cadrados dunha das prazas con máis movemento da urbanización. Os traballos centraranse en redefinir todo o espazo para devolverlle á praza o uso de espazo público de ocio e lecer, atraendo así aos veciños da zona para que fagan uso desta praza.

Con esta actuación, o goberno que preside Óscar García Patiño (UxC), quere acabar co carácter de tránsito que ten na actualidade a praza, para convertela nun lugar de reunión e desfrute para os veciños. Para iso, melloraranse as beirarrúas e habilitarase unha zona axardinada e con mobiliario urbán. Esta actuación irá acompañada da impermeabilización dos aparcamentos subterráneos que levarán a cabo as comunidades de propietarios implicadas.

Unhas obras que se suman, así, as que se están executando na rúa Río Sil e que servirán para incrementar o número de prazas de aparcamento. A rúa, na que se aparcaba en línea, pasará a ter estacionamento en batería pasando así de 15 a 50 prazas, para solventar en parte a falta de aparcamento que hai na urbanización. Unha actuación que, tal e como sinalou o alcalder Óscar García Patiño, non afectará ás árbores da rúa ao retranquear só un metro hacia a zona verde para ampliar a beirarrúa.

Actualmente desenvólvese outra actuación na zona que permitirá a mellora da zona verde que hai fronte ao supermercado da urbanización. Esta actuación conleva a recuperación dun espazo verde para desfrute dos veciños na que, ademáis, se vai instalar novo mobiliario urbán.

Na Barcala, tamén están pendentes de adxudicación as obras de mellora da beirarrúa da DP-1706, na estrada de O Temple a Cambre. Alí, as raíces das árbores levantaron a beirarrúa facendo preciso unha actuación para evitar que o deterioro afecte tamén á calzada. Se ben hai que talar tres árbores, o resto manterase nunha franxa verde que se vai crear. Os traballos suporán o levantamento da beirarrúa actual e demolición parcial do carril de deceleración, que aínda así se manterá. Tamén se quitarán as escaleiras existentes e se construirá unha rampa para facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida.

A estas obras habrá que sumar a mellora do parque infantil este da urbanización que sairá a licitación en breve. Un parque que engadirá máis espazo de calidade para os cativos que xa desfrutan, dende hai meses, do parque oeste da urbanización.

Con estas actuacións, o goberno cambrés segue apostando por mellorar unha urbanización, a da Barcala, na que residen centos de veciños e que ten cada vez máis actividade ao albergar equipamentos como a escola infantil, o instituto, a piscina municipal e varios departamentos municipais. Un barrio que, xa hai tempo, deixou de ser o barrio dormitorio dos seus inicios, para converterse nun dos núcleos de actividade do concello.