O goberno aposta por mellor a praza 1º de Maio da Barcala

O goberno aposta por mellor a praza 1º de Maio da Barcala

Este mes de xaneiro está previsto que comencen as obras de reforma da praza 1º de Maio de A Barcala, que foron adxudicadas no mes de decembro por 199.133,41 euros. A obra será executada pola empresa Canarga S.L.

A obra suporá a mellora dos 4.587 metros cadrados da praza e terá unha duración de seis meses. Os traballos centraranse en redefinir todo o espazo para devolverlle á praza o uso de espazo público de ocio e lecer, atraendo así aos veciños da zona para que fagan uso desta praza.

Con esta actuación, o goberno quere acabar co carácter de tránsito que ten na actualidade a praza, para convertela nun lugar de reunión e desfrute. Para iso, melloraranse as beirarrúas e habilitarase unha zona axardinada e con mobiliario urbano. Esta actuación irá acompañada da impermeabilización dos aparcamentos subterráneos que levarán a cabo as comunidades de propietarios implicadas.

Con esta actuación, UxC segue apostando por dar máis calidade de vida aos residentes e visitantes da urbanización de A Barcala. As obras da praza 1º de Maio, súmanse ás obras xa executadas de mellora dun parque infantil e o proxecto para a mellora do outro parque infantil que hai na urbanización.