María Pan será a opción de UxC á Alcaldía tras conseguir o...

María Pan será a opción de UxC á Alcaldía tras conseguir o apoio unánime da asemblea

Pan Lesta é concelleira de Economía, Facenda e Réxime Interior dende o 2019.

Cambre, 13 de marzo de 2024. María Pan Lesta (A Coruña, 1975) será a opción de Unión x Cambre á Alcaldía tras recibir, onte, o apoio unánime da asemblea da agrupación local. A de Pan Lesta foi a única candidatura que se presentou, recibindo o respaldo do medio centenar de afiliados e afiliadas que tomaron parte no encontro de UxC. María Pan Lesta é concelleira en Cambre dende o 2019, sendo este o seu segundo mandato á fronte da Concellería de Economía, Facenda e Réxime Interior.

Ao concluír a asemblea, a veciña de Meixigo mostrouse “orgullosa e agradecida polo enorme apoio recibido polos compañeiros e compañeiras de UxC” e comprometeuse “a seguir traballando para liquidar a difícil situación do Concello. Óscar García Patiño dimitiu, hai uns días, como alcalde para tentar abrir camiño e dar unha solución á parálise do Concello, polo que ou meu deber tras a súa marcha é traballar para que a difícil decisión que tomou non caia en saco roto”. Pan Lesta incidiu en que ata o pleno no que se investirá ao alcalde ou alcaldesa manterá «ou plan de traballo dá área”.

Antes de entrar como concelleira no Concello, a traxectoria de Pan Lesta estivo sempre estreitamente vinculada ao xornalismo, traballando para distintas cabeceiras.