O goberno do Partido Popular suprime a Galaicoi, un evento de fondo...

O goberno do Partido Popular suprime a Galaicoi, un evento de fondo contido cultural, histórico e patrimonial

A primeira medida visible do goberno de Diana Piñeiro foi o anuncio da cancelación da Galaicoi, a romería Galaico Romana que se ven desenvolvendo en Cambre dende hai 8 anos  e que atraía a milleiros de persoas ata Cambre coa conseguinte repercusión económica que tiña para o Concello. Segundo os datos do ano pasado, a Galaicoi deixou en Cambre unha importante repercusión económica en relación ao facturado polos vendedores locais que participaron no mercadillo así como polos locais de hostelería e o comercio que, debido a este evento, incrementan considerablemente as súas ventas.

Unión por Cambre lamenta que o goberno de Diana Piñeiro, que mesmo se emocionou na despedida do edil Moncho Boga e lle adicou unhas verbas diciendo que a Galaicoi levaba o selo de Moncho Boga, a primeira medida de calado que toma é eliminar a Galaicoi a que califica de festa, o que denota un descoñecemento total e absoluta por parte da primeira edil do que é a Galaicoi.

A Galaicoi e unha romería castrexo- romana na que se pon en valor un dos elementos patrimoniais e históricos máis importantes do concello, o Castro de Cambre que foi descuberto polos cambreses a raíz desta celebración que puxo en marcha o goberno de UxC encabezado por Óscar García Patiño no ano 2016.

Un evento, non festa, na que a cultura e folclore tradicional son seña de identidade durante toda a fin de semana e donde, grandes e pequenos, poden revivir o que foi a vida dos nosos antepasados castrexos. Unha celebración na que se poden participar tamén en xogos tradicionais e desfrutar de obras de teatro e actucións musiciais.

Preto dun millar de persoas participan activamente nesta romería á que acuden preto de 30 asociacións así como grupos de persoas particulares.

Nin as licitacións de servizos nin o pago dos convenios das AMPAs peligran pola Galaicoi

Unha supresión sin sentido ningún tendo en conta que dito evento xa estaba en licitación e finalizando o prazo de presentación de ofertas por parte das empresas para poder valorarse e proceder a adxudicación. Falta de persoal e destinar esos fondos para as AMPAs foron as explicacións dadas polo goberno do Partido Popular de Cambre que desde Unión por Cambre se cuestionan tendo en conta que a licitación estaba xa en marcha e o traballo que quedaba non interfire na elaboración de pregos técnicos dos servizos esenciais que se pretenden contratar que depende, na súa maior parte, do departamento de Servizos.

Dende UxC desminten tamén que celebrar a Galaicoi interfira no pago das subvención ás AMPAs, xa que estamos a falar de cuestións totalmente diferentes. De feito, o goberno de Unión por Cambre, a través dunha providencia do concelleiro de Economía e Facenda, xa deu orde á intervención municipal de levar a pleno un suplemento de crédito por importe de 1.230.922,95 euros para poder pagar todas as subvencións e convenios e poñer ao día o pago das deudas coas asociacións e coas persoas que están pendentes de percibir premios de diversos certámenes.

En relación coas AMPAs adéudaselles un importe de 105.459,11 euros polo convenio do curso 2024-2025 despois do esforzo feito polo goberno de UxC ao longo do ano pasado para poñer ao día os atrasos que se acumulaban.

A voceira de UxC, María Pan, lamenta que se queira engañar aos cambreses coas excusas dadas, está claro que suprimen a Galaicoi porque é un evento que leva o sello de Unión por Cambre. Non poden vir agora decindo que todo está moi mal, que non teñen persoal e que hai que sacar a licitación os servizos, porque iso xa o sabían. Levan un ano votando en contra de solventar precisamente os problemas que din agora sufrir. Cando dis non a todo e aínda así te pos ao frente dun concello, tes que habilitar solucións non lamentarte do mal que está todo en parte, pola contribución que o PP fixo a non sacar adiante os A1 propostos polo goberno de UxC ou mesmo o orzamento municipal, obligándose eles mesmos a traballar con un orzamento prorrogado no que, por exemplo para o capítulo de subvencións non ten crédito dispoñible. Puideron aprobar orzamentos donde ían os créditos para esos convenios das AMPAs ou para sacar a licitación esos servizos básicos que, co orzamento prorrogado saben que non van ser capaces de sacar”.