Participación e escoita activa, as claves dunha política centrada na veciñanza

Participación e escoita activa, as claves dunha política centrada na veciñanza

Un WhatsApp para notificar incidencias e facer propostas, consultas ou preguntas; unha páxina web actualizada, un Decidámolo Xuntos con máis de 18 propostas executadas nos últimos catro anos e unha Concellería de Desenvolvemento Asociativo en contacto directo coas asociacións e os veciños e veciñas de Cambre. Todo isto é un claro exemplo da importancia que a participación cidadá e a escoita activa teñen para Unión por Cambre.

Unha participación que vai máis aló das iniciativas postas en marcha a través de diferentes proxectos, xa que se mantén unha relación directa todos os días do ano e en calquera momento. Iso é o que pasa cando un partido está formado por xente de Cambre, por veciños e veciñas que fan a súa vida en Cambre e teñen relación directa co resto da veciñanza cada día.

Convencidos de que esa interacción entre goberno e veciñanza é clave para construír un Cambre mellor, o partido que lidera García Patiño segue apostando por incrementar esa relación directa con novas iniciativas que incrementarán aínda máis a participación veciñal, así como coa segunda Mostra do Movemento Asociativo tras o éxito que supuxo a primeira edición, celebrada no verán de 2022.