UxC impulsou a rexeneración das zonas urbanas do municipio cun investimento de...

UxC impulsou a rexeneración das zonas urbanas do municipio cun investimento de máis de dous millóns de euros

Ao longo destos últimos catro anos, UxC levou a cabo unha importante transformación das zonas urbanas do concello a través de varias actuacións no Temple, A Barcala e Cambre que se centraron na mellora do mobiliario urbano, a ordenación das prazas de aparcadoiro e renovación de beirarrúas para darlle máis espazo ao peón. En total, destináronse máis de dous millóns de euros a proxectos de rexeneración urbana que abren as rúas e os espazo públicos para o desfrute dos cambreses e cambresas.

Para o partido que lidera García Patiño resulta esencial levar a cabo actuacións que permitan mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, contribuír a ter un aire más limpo e crear espazos verdes para desfrute da veciñanza. Por esa razón, impulsouse a plantación de máis de 200 árbores en rúas e espazos públicos.

As actuacións de rexeneración urbana completáronse coa renovación da iluminación pública, instalando novos sistemas LED que melloraran a eficiencia enerxética a e seguridade cidadá en Cambre, O Temple, o polígono do Espírito Santo e A Barcala.

Destacan actuacións como a mellora das rúas Estanque, Polígono, María Mariño, Ánxel Fole, Temple, Francisco Añón ou Antón Fraguas no Temple; a de Río Sil ou as beirarrúas no bloque 3 e 4 na Barcala ou as rúas Balado, Carballo, González Garcés e Pablo Manzano en Cambre

Todas estas intervencións completaranse con actuacións similares na praza Fernando Buesa no Temple ou as obras que se recollen no plan POS+2022 que xa foi aprobado en pleno e que suporá pavimentar as beirarrúas da rúa Río Gándara na Barcala, ordenar o espacio verde de Ponte das Ínsuas así como a zona libre no entorno da rúa Polígono no Temple.