O Pleno aproba unha moción que da a oportunidade a Alternativa dos...

O Pleno aproba unha moción que da a oportunidade a Alternativa dos Veciños a retractarse ou interpoñerá as accións penais pertinentes

Co voto a favor de UxC, PSOE e BNG e o voto en contra de PP, Ciudadanos, a Asamblea Cidadá e o edil non adscrito, o pleno municipal de Cambre aprobou unha moción na que se lle da unha oportunidade a Alternativa dos Veciños de retractarse das graves acusacións verquidas sobre o proxecto da N-VI ou se interpoñerán as accións legais que sexan pertinentes.

O alcalde de Cambre e candidato de UxC á alcaldía, Óscar García Patiño, asegurou que esta moción o que pretende é “defender ao concello de Cambre ante unhas acusacións moi graves” verquidas por Alternativa dos Veciños nun díptico no que aparecen expresións como “recalificación ilegal de solo rústico e pelotazo urbanístico que atenta contra a legalidade vixente”.

García Patiño entende que non se poden permitir acusacións tan graves contra a institución municipal como as verquidas por Alternativa dos Veciños e entende que é a obriga da corporación defender ao concello de Cambre e a todos os funcionarios que nel traballan porque, puntualiza, non é certo que haxa ningunha ilegalidade. O proxecto da N-VI conta con todos os informes necesarios, explica, ao tempo que sinala que non todo vale en política. “Non todo vale en política. É a nosa obriga intentar acabar con esta política sucia no que todo vale e donde o insulto é gratuíto” sinala o alcalde e candidato de UxC, Óscar García Patiño.

Na moción aprobada polo pleno municipal, se lle ofrece a Alternativa dos Veciños a oportunidade de retractarse e darlle a mesma publicidad á retractación de esas falsas acusacións da que lle deron ao díptico nas que se verquían esas falsas acusacións. En caso de non ser así, dende o concello procederase a tomar as medidas legais oportunas. En caso de que, finalmente Alternativa dos Veciños se opoña a retractar esas acusacións, os feitos tamén serán postos en coñecemento da Xunta Electoral.