A Praza Europa amóldase ás necesidades dos peóns

A Praza Europa amóldase ás necesidades dos peóns

Unha praza máis cómoda para o peón. Ese é o obxectivo que pretende o proxecto que vai desenvolver o goberno de UxC na Praza Europa de Cambre. O proxecto céntrase na remodelación da Praza Europa co fin de mellorar a calidade urbana do centro da capital municipal. O proxecto de remodelación suporá a posta en valor do cruceiro que se converterá  no centro dun ámbito urbanizado que recibirá aos peóns que veñen do colexio hacia o campo da feira e aqueles que se achegan ata o concello.  Ademais de por ao cruceiro no centro dos camiños, o proxecto avoga por ampliar os espazos peonís entre o colexio, o campo da feira, a igrexa ou o concello, con camiños máis seguros e cómodos.

As obras, que se desenvolverán en dúas fases, actuarán na totalidade da praza na que se instalará un novo pavimento, mobiliario urbano, luminarias e novas zonas axardinadas. Tamén se procederá á replantación de varias especies existentes e a plantación de novas especies arbóreas. A praza contará cun murete de formigón branco para salvar o desnivel e que servirá de banco para os usuarios da praza.

A remodelación da Praza Europa, que ten un prazo de execución de mes e medio para a primera fase e tres meses para a segunda, mellorará tamén a accesibilidade da beirarrúa Wenceslao Fernández Flórez cun paso peonil elevado no acceso hacia a igrexa. A praza tamén conectará co Campo da Feira mediante un paso peonil de 2,5 metros.

Este proxecto de remodelación da Praza Europa, comunicará coa actuación que se vai desenvolver na rúa Balado coa construción dunha praza. Con estas dúas actuacións, o goberno de UxC dá un paso adiante cara a un proxecto máis global e ambicioso centrado en desenvolver un ámbito urbano de calidade entre o Castro e a Casa da Cultura que se está a construir na capital municipal.