Unión por Cambre confirma que Piñeiro non levará os orzamentos de 2026 ao pleno ordinario de xullo
Piñeiro asegura que a proposta de orzamentos 2026 aínda non está informado por intervención
Nas comisións informativas de xullo quedou claro que o goberno de Diana Piñeiro non levará ao pleno ordinario de xullo os orzamentos municipais de 2026 despois das promesas feitas pola alcaldesa a diferentes entidades deportivas. Piñeiro, que asegurou en comisións que ela non da data senón previsións, explicou que o pasado xoves a proposta de orzamentos está sin informar. Dende UxC cuestionan que se esté dando información que non coincide para nada co borrador que foi proporcionado polo goberno aos grupos da corporación no seu día e que agora se estén vendendo ás asociacións promesas que, polo de agora, o resto da corporación descoñece.
“Se en xullo non é capaz de levar os orzamentos e os leva en agosto, coa exposición pública obrigatoria, estaríamos xa case en outubro para a súa entrada en vigor e, tendo en conta que o 31 de decembro deixan de ter efecto, o normal sería que se pusexe a traballar de forma consensuada cos diferentes grupos para consensuar un orzamento para o ano 2027. Aprobar uns orzamentos de 2026 en agosto non ten sentido ningún” apunta a voceira de Unión por Cambre, María Pan, que lembra a Piñeiro que son un goberno de catro e precisa de apoios para poder sacalos adiante. “Unha alcaldesa tan dialogante e tan proclive a buscar acordos, como ela venda, non pode pretende impoñer ao resto da Corporación uns orzamentos non consensuados. O borrador que temos dende marzo nada ten que ver co que está plantexando agora a Señora Piñeiro”
Pan lamenta que este goberno venda fume en prensa, fale dun incremento de subvencións que nin sequera falou co resto de grupos e fala de investimentos, como o campo de fútbol de Lendoiro, que no borrador que ten o resto da corporación non aparece por ningún lado.
Pan invita a Piñeiro a que se sente a falar de forma seria sobre os orzamentos de 2027 e non tente vender á veciñanza e ao tecido asociativo que se non saen os orzamentos é por culpa da oposición.
O goberno de Diana Piñeiro incapaz de cuantificar a débeda actual do concello
Unión por Cambre preguntou o mes pasado pola actual débeda do concello de Cambre. Dato que o concelleiro de Economía e Facenda non puido cuantificar porque, asegurou, a contabilidade non estaba ao día. Nas comisións informativas de xullo, a cantidade segue sen poder confimarse o que sen dúbida é un tema, canto menos, preocupante. Que unha entidade pública como o Concello de Cambre non saiba o non poida dar o dato exacto da débeda actual é grave, cando os datos da contabilidade municipal deberían estar ao día.
A calada por resposta; respostas vagas ou non saber dar contestación ás preguntas e rogos formulados polos grupos da oposición é unha situación habiutal por parte do concelleiro da área de Economía e Facenda que, ademais, leva áreas tan importantes como contratación e persoal.
Dimisión do concelleiro de Deportes e Xuventude
No mesmo día que se celebraban as comisións informativas coñecíase a dimisión do concelleiro de Deportes e Xuventude que terá efectos no pleno ordinario de xullo.
A voceira de Unión por Cambre, espera que antes de marchar o concelleiro poida dar as explicacións pendentes que ten coa veciñanza de Cambre en relación a unha inspección de traballo que lle acarreou sancións por incumprimentos varios.
Tal e como admitiu no seu día o concelleiro, foi sancionado por unha serie de incumprimentos en relación coa situación laboral de algúns empregados e aínda que UxC pediu explicacións en varias ocasións tanto él como a alcaldesa, Diana Piñeiro, se negaron a dar explicacións por considerar que eran asuntos dun ámbito particular.
Pan sostén que, tendo en conta o posto público que ocupa, o concelleiro ten a oportunidade agora que marcha de disipar todas as dúbidas que hai sobre o tema e espera que así o faga.
Festivos locais 2027
A alcaldesa, Diana Piñeiro, recolleu o guante lanzado por Unión por Cambre para facer unha enquisa aos veciños e veciñas de Cambre para que elixan os festivos locais que prefiren para o 2027 e a partir de ahí levar a pleno, en agosto, unha proposta de festivos locais o máis consensuada posible.
Tal e como explicou a voceira de UxC, María Pan, o seu partido xa fixo unha enquisa na que a maioría dos participantes non coincidían coa proposta do goberno que é martes de entroido e San Xoán, e defenderon que a opción máis apoiada na súa enquisa era San Xoán e o 16 de agosto. Agora o concello pulsará a opinión pública para coñecer o sentir da veciñanza e así tomar posicións cara ao pleno de agosto para marcar os festivos locais de 2027.





