O goberno de Piñeiro non acepta a revisión de oficio sen aludir...

O goberno de Piñeiro non acepta a revisión de oficio sen aludir á contratación verbal

Unión por Cambre votou a prol do pago das sentencias xudiciais e abstívose no punto da aprobación do convenio sobre administración electrónica ao faltar un informe xurídico e a falta de información sobre o mesmo polo goberno tras ser solicitado a semana pasada en comisións informativas

Unión por Cambre votou e contra da ratificación da resolución de alcaldía na que se incoou o expediente de revisión de oficio do acto administrativo da contratación verbal no servizo de tracto sucesivo denominado “Mantemento de zonas verdes axardinadas no termo municipal de Cambre prestado pola empresa Légamos Infraestructuras Verde S.L” despois de que non fose admitida a debate a enmenda presentada en donde, simplemente se pedía eliminar o termo contratación verbal. A voceira da formación local, María Pan, argumentou igualmente a súa exposición en base en unha alegación que pretendía que simplemente se eliminase o termo de contratación verbal tras o auto de sobreseemento provisional chegado recentemente á denuncia formulada pola interventora municipal, á que ela mesma aludiu no seu informe de intervención.

Pan, invitou a alcaldesa a que en sucesivas revisións de oficio, se estude a alegación presetanda por UxC, en donde en base a sentencias, informes do Consello Consultivo e mesmo ao auto de sobreseemento provisional da causa que provén da denuncia da interventora municipal contra o ex alcalde de Cambre por contratación verbal, se cita textualmente “Examinados los contratos obrantes en autos aparece que la mayoría fueron contratados debidamente licitados, quedando acreditado que finalizaron porque, al tratarse de servicios básicos, se continúan prestando y no se licitaron por razones como la escasez de personal”. (adxuntamos enmenda que non puido debatirse)

Pan invitou a alcaldesa que tome en consideración estas puntualizacións para facer as revisións de oficio sen decir explícitamente que son unha contratación verbal e permitir ao Consello Consultivo que entre no fondo do asunto cando, agora, tal e como di o Consello Consultivo nos seus propios ditámenes  parten da tesis de que estamos a falar de contratos verbais. Temas que, apunta UxC, non se puideron acreditar en vía xudicial.

Aprobación do pago das sentencias xudiciais

Os concelleiros e concelleiras de Unión por Cambre aprobaron o pago das 15 sentencias xudiciais firmes á empresa Os Ventos en donde, ademais de pagar íntegramente as facturas, se suman máis de 8.000 euros en xuros. O concelleiro de UxC, Daniel Mallo, argumentou que catro das facturas que se pagan agora por sentenza xudicial firme, xa as levou UxC a pleno a través dun REC que non saiu adiante cos votos en contra dos concelleiros do PP, PSOE e BNG e que meses despois sí se aproban coa suma de xuros e costas, 400 por sentenza, co conseguinte perxuicio para os veciños e veciñas de Cambre.

Tamén cuestionou UxC, que pese a ser facturas de anos anteriores, as sentenzas son de 2026 polo que consideran que podería pagarse por resolución de alcaldía sen ter que pasar por pleno, tal e como argumentaron no pago da sentenza a prol da SGAE cando, o orzamento prorrogado, conta cunha partida orzamentaria para gastos xudiciais da que se podería tirar.

Lonxe de quitar a razón a UxC, as sentenzas xudiciais que están chegando recoñecendo o pago íntrego das facturas, están dando a razón a quenes pretendía pagar no seu día as facturas a través de Recoñecementos Extraxudicial de Crédito, que recibían o voto en contra de 11 concelleiros e concelleiras. Isto leva ao concello, non só a pagar íntegramente a factura, senón tamén a facer fronte a xuros e costas. No ano 2026, tal e como explicou o concelleiro de Economía e Facenda a preguntas de UxC, leva pagado máis de 48.000 euros en xuros, non querendo explicar os xuros que se pagaron por sentenzas en 2025. Dato que UxC volveu a reclamar no día de hoxe en pleno.

Abstención ao convenio entre a Xunta e Fegamp para unha administración dixital

UxC abstívose neste punto ao non se ter aclarado, ata o día de hoxe, se era perceptivo ou non o informe da secretaria municipal. Hoxe en pleno, despois de que se solicitase en comisións informativas e tamén por mail hai dous días, a secretaria accidental, asegurou que non era perceptivo o informe de secretaría pero sí un informe xurídico do xefe de área que non foi aportado. Explicación que a alcaldesa desmentiu sinalando que neste caso non era preciso.

Así as cousas, e ante a opacidade do goberno neste asunto, UxC abstívose aínda que está completamente dacordo con que é un convenio necesario e ao que xa leva tempo Cambre adherido noutras ocasións, previas a este novo convenio asinado o 13 de novembro de 2025 entre a Xunta e a Fegamp.

No pleno, o goberno tamén explicou a preguntas de UxC, que a débeda actual ascende a 7.857.431,07 euros, despois do millón de euros pagado polo Ministerio a través do Plan de Pago a proveedores que se fixo efectivo en xuño e que a obra do campo de fútbol de Lendoiro non se adxudicará este ano nin se levará a cargo dos orzamentos de 2026, como o goberno explicou ao clube. Finalmente, o concelleiro de facenda explicou que tras facer a liquidación, levarase a pleno un suplemento de crédito para poder facer a obra e posterioremente sacarase a licitación polo que ata o próximo ano a obra non poderá executarse.

A voceira de Unión por Cambre lamenta manipulación que o goberno de Piñeiro está a facer con esta obra, tentando facer ver aos clubes que se non se aproban os orzamentos non se fai a obra, cando a obra non vai incluída nos orzamentos de 2026 dos que, a día de hoxe, UxC descoñece a proposta. Pan tamén pon enriba da mesa as falsedades dunha alcaldesa que prometeu as obras primeiro para xullo e despois para novembro deste ano, tras quedan claro no pleno de hoxe que non se farán este ano e lembra que, UxC, cando deixou o goberno deixou o proxecto do campo listo e o suplemento aprobado para que o goberno do PP licitase a obra, pero Piñeiro preferiu gardar o asunto nun caixón e deixalo para outra ocasión.