UxC aposta pola mellora dos parques infantís

UxC aposta pola mellora dos parques infantís

Coa mellora do parque infantil da praza José Luis Caso Cortines, UxC continúa coa súa política de mellora dos parques infantís do concello. Neste, que está aberto dende onte, investiuse 107.000 euros para triplicar a zona de xogos no que poderán xogar ao mesmo tempo uns 47 cativos. Son case 400 m2 de parque sobre pavimento de caucho e novos xogos ente eles varios adaptados e integradores para nenos con discapacidade.
Xunto a este parque, se puxo en funcionamento o parque do colexio Porto Faro ao que se lle cambiou o pavimento. Nesta lexislatura vanse destinar uns 700.000 euros á mellora de parques infantís. Xunto a estes que acaban de abrir, xa se arranxaron os parques infantís da rúa Francisco Rodríguez en O Graxal, A Pitona, plaza Miguel Ángel Blanco, San Lourenzo, Altamira, O Balado y A Barcala Oeste. En contratación están os proxectos para a mellora dos parques de A Barcala Este e A Balastreira.
Unhas melloras que teñen por obxecto acadar uns parques infantís seguros e de calidade para os cativos de Cambre, con xogos novos ou renovados, que lles permitan desfrutar ao máximo do seu tempo de lecer.