UxC chega a un acordo co PSOE para seguir «traballando no noso proxecto para Cambre»
«Para nós os intereses dos veciños e veciñas están por riba de todo. Queremos continuar dando pasos pasa sacar adiante o noso proxecto para Cambre e, para iso, precisamos sumar esforzos co PSOE». O alcalde e presidente de Unión por Cambre, Óscar GArcía Patiño, detallou o acordo alcanzado co PSOE de Cambre: «trátase dunha alianza que nos permitirá dar continuidade á liña de traballo desenvolta nos últimos oito anos e resolver demandas históricas da cidadanía».
Durante a súa intervención, o primeiro edil avanzou cales van ser as liñas de traballo que UxC impulsará ao frente do goberno local ata 2027:
- Aprobación definitiva do Plan Xeral
- Apertura do novo salón de actos de Cambre, que completará as instalacións da Biblioteca Central María Pita
- Disposición da antiga sala de festas do Seijal para acoller todo tipo de actividades e eventos municipais de gran formato
- Desbloqueo de infraestructuras que dependen doutras administracións como a Xunta de GAlicia e a Deputación da Coruña: Vía Ártabra, Vial 11-17, beirarrúas de Cecebre e entre A Rocha e Anceis, rotonda de CAmbre e construción do novo instituto e centro de día de Lendoiro.
O alcalde señalou que «a participación cidadá, a escoita activa e a independencia enerxética seguirán sendo as prioridades para Unión por Cambre, tal e como foron nos dous últimos mandatos». Para conseguir todos estos obxectivos, UxC, levará entre 2023 e 2027 as seguintes áreas:
- Presidencia e Desenvolvemento Asociativo: Óscar García Patiño
- Desenvolvemento Asociativo: Maria Carmen Pan Matos
- Economía, Facenda e Réxime Interior: María Pan Lesta
- Urbanismo, Obras e Servizos: Juan González Leirós
- Seguridade Cidadá, Patrimonio, Turismo, Transformación Dixital e Innovación Tecnolóxica: Daniel Mallo Castro
- Patrimonio e Turismo: Ramón Boga Moscoso
- Cultura: David López Saborido
Tal e como explicou García Patiño, eventos como o Cromático Mural Fest ou a Open Science seguiran sendo xestionados polas concellaría de UxC por ser dous eventos creados por este partido e «dúas apostas persoais miñas e o seu éxito débese, en boa medida, ao traballo dos meus compañeiros, polo que queríamos seguir estando detrás de ambas as cita e velas medrar como ata o de agora»
O rexedor espera que este sexa un mandato»proveitoso no que poidan ver a luz moitos dos proxectos nos que levamos anos traballando». García Patiño comprometeuse a seguir traballando «coa ilusión e a dedicación dos últimos oitos anos, antepoñendo o interese da cidadanía a calquera outra cuestión».