Os Castros do Bosque conta con novo mobiliario e xogos na área de recreo
A finais de maio remataba a instalación do novo mobiliario e xogos na área de recreo da urbanización Castros do Bosque en Cecebre. Cun orzamento de 13.429,14 euros procedeuse a renovar as mesas que había na zona así como a montaxe dun cierre de madeira e varios xogos como dous muelles de balanceo e un tobogán.
Con esta actuación mellórase unha zona que, polo paso do tempo, atopábase deteriorada.